VENCE PARABENIZA Á COMUNIDADE EDUCATIVA “POLO ÉXITO DA FOLGA” QUE LOGROU PARALIZAR A LEI WERT

VENCE PARABENIZA Á COMUNIDADE EDUCATIVA “POLO ÉXITO DA FOLGA” QUE LOGROU PARALIZAR A LEI WERT

O portavoz nacional do BNG acude á faculdade de Humanidades de Lugo a falar sobre “a crise da UE”  

Lugo, 10 Maio 2013. O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, acudirá esta tarde á Universidade de Lugo, á faculdade de Humanidades, para ofrecer unha conferencia no Curso de Primavera sobre a “Crise da UE neoliberal”, onde aproveitará para facer unha crítica da política do Banco Central Europeo e o Banco de Xapón ou a FED”.

Porá de manifesto que  “estes organismos están inxectando masas enormes de liquidez para os bancos e especuladores ao tempo que asfixian os gobernos e a economía produtiva. Siguen inflando unha bomba de reloxaría que leva por diante a economía produtiva, o emprego e os servizos públicos en toda a periferia europea”. Nese sentido, citará ao multimillonario Paul Singer que recoñece que esas políticas “nos están levando a unha guerra de clases”.

O Goberno de Rajoy vai de fracaso en fracaso. Debe rectificar

Tamén realizará unha avaliación da folga do ensino de onte e as manifestacións e movilizacións na rúa de toda a comunidade educativa.

O portavoz nacional do BNG quer, en primeira instancia, parabenizar a toda a comunidade educativa, estudantes, profesores, país e nais, e a sociedade en xeral, que demostrou estar moi sensibilizada cos duros recortes na educación e cunha “lei retrógrada e involucionista”, porque “onte lograron que hoxe non vaia ao Consello de Ministros a nefasta Lei Wert tal como estaba anunciado”.

Vence afirma que “o seguimento masivo no ensino que secundou a convocatoria de folga, as multitudinarias manifestacións na Galiza e noutras partes do Estado, conseguiron que a última hora da noite o Ministro do ramo dubidase até decidir adiar a presentación do texto”. “Agardamos que quede adiada indefinidamente”.

“Só un Goberno antidemocrático podería seguir adiante sen escoitar a voz social”: retiren a Lei Wert

O portavoz nacionalista salienta que “o Goberno español debe tomar nota porque o rexeitamento social foi total e masivo, e xa é hora de que o “comece a ter en conta as demandas da sociedade porque empezou a acender as luces vermellas”. Ademáis, subliñou que “o deterioro do sistema educativo público por parte do PP, comezou co tremendo tesourazo ás partidas destinadas a educación nos Orzamentos do Estado e nos da Xunta. Uns recortes orzamentarios “hipócritas porque manteñen os recursos económicos destinados ao ensino privado mentras deixan morrer o ensino público e que van na liña contraria ao que realmente fan os países europeos máis dinámicos e máis igualitarios”. Aínda engadiu “O goberno debería mirar máis para Finlandia ou Dinamarca e mirarse no espello dos países de baixas cualificación e baixos salarios”

Xavier Vence considera que o “Goberno Rajoy debe dar marcha atrás nos seus propósitos e retirar un proxecto de lei que ataca o sistema educativo público, os dereitos lingüísticos, é discriminatorio e conculca o principio de igualdade ao dar axudas a centros que segregan por sexo, e que vai contra un Estado declarado na Constitución aconfesional porque incentiva a relixión”.

“É de sabios rectificar e admitir que a Lei Wert nace morta porque ninguén a quer. E por riba, nun contexto de crise suporá un despilfarro de cartos que non é preciso”.

 

VENCE PARABENIZA Á COMUNIDADE EDUCATIVA “POLO ÉXITO DA FOLGA” QUE LOGROU PARALIZAR A LEI WERT