Galiza Nova realiza unha acción expansiva ao longo de Galiza polo dereito ao aborto
Davinia Rubinos afirmou que ante un ataque aos dereitos das mulleres sen precedentes, hai alternativa: a mobilización a reivindicación.
Lugo, a 7 de febreiro de 2014. Baixo o lema Insubmisas e rebeldes na defensa do dereito ao aborto a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, realiza este venres 7 de febreiro e sábado 8, 14 accións simbólicas nas que se enviará a través das oficinas de correos a esixencia das mozas galegas a Feijóo e Gallardón para que desistan nos seus ataques contra as mulleres. Xunto a estas denuncias, envíaselles utensilios que as mulleres teñen empregado para abortar poñendo a súa vida en risco e moitas morrendo en tempos nos que abortar era ilegal: agullas de calceta, pirixel... xunto a uns rosarios polo papel protagonista da Igrexa no ataque contra as mulleres. Non queremos que este drama polo que pasaron as nosas nais, avoas... volva á realidade afirmou Davinia Rubinos, responsábel comarcal da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova. Ademais, tamén se lles enviará a estes mandatarios un billete a Londres simbolizando o desprazamento a outros países para abortar ao non permitirse facelo no estado español.
Davinia Rubinos dixo que todo o noso esforzo está destinado a que a contrarreforma do aborto non vexa nunca a luz. Veciño engade que ante un recorte de dereitos sen precedentes, hai alternativa: a mobilización e a reivindicación.
Rubinos advirte a Feijóo que el tamén é culpábel, pois desde que chegou á Xunta aplica unha gran cantidade de medidas que impiden ás mulleres exercer o dereito á interrupción do embarazo poñendo trabas á aplicación do aborto na sanidade pública. A responsábel da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova denuncia que hoxe temos en Galiza moitos hospitais nos que non podemos exercer este dereito, como é o caso da Coruña ou Ourense. Ademais Feijóo está a recortar en planificación familiar, prazas de xinecoloxía e en servizos de atención á saúde sexual e reprodutiva das mulleres, así como no desmantelamento dos Centros Quérote e na batería de medidas que se implantaron desde o inicio da lexislatura coa chamada Lei de Familia e a financiación a organizacións antiabortistas como Red Madre.
Galiza Nova da comarca de Lugo chama á mocidade galega a rebelarse fronte a imposición da maternidade ás mulleres e a participar dos envios destas esixencias.
Horas e lugares dos actos:
Venres 7 de febreiro ás 18:30h
Compostela: Trva. do Franco, 4
Lugo: San Pedro, 5
Ourense: Progreso, 53
Ponteareas: Azorín, 9
Ribadeo- empresa de mensaxería Halcourier Avenida de Galiza, 8
*A Coruña: acto na estación de ferrocarrís (ás 19h)
Sábado 8 de febreiro ás 12
Cee: Ourense, 2
Ferrol: Pza. de Galiza, s/n
Ponteceso : Campo da Feira, 36 (ás 12:30h)
Pontevedra: Oliva, 19-21
Ribeira: Correos, 1 - 15960 - Ribeira
Verín: Laureano Peláez, 20 - 32600 Verín
Vigo: Pza. de Compostela, 3 - 36201 - Vigo
Viveiro: Avda. Ramón Canosa, 4 - 27850 - Viveiro