OS COLEXOS DE LUGO QUEDARÁN SEN A ACTIVIDADE DOS HORTOS ESCOLARES
Segundo advertiu a voceira do BNG no concello de Lugo os centros escolares tamén poderían perder o servizo de comedor naqueles centros nos que é prestado polo concello
Dende a aprobación, por parte do goberno do Estado, da Lei que regulan as administracións locais os concellos perden as súas competencias en servizos sociais, educación e emprego
Lugo, 6 de febreiro, 2014. A voceira do BNG no concello de Lugo deixou constancia, en rolda de prensa, da materialización dos primeiros efectos da aplicación da Lei 27/2013, de 27 de Decembro, de Racionalización e Sostenibilidad da Administración Local. Paz Abraira lembrou que o BNG pediu que fose retirada, aínda o fixo recentemente no Parlamento Galego e presentou alegacións e iniciativas neste senso. Abraira afirmou que esta Lei é absolutamente lesiva para os intereses dos concellos xa que elimina e invade competencias a Galiza e aos concellos. Para o BNG esta Lei é centralizadora e antidemocrática
Practicamente todos os alcaldes e alcaldesas se posicionaron en contra da aplicación desta Lei. A FEGAMP presentou alegacións que somentes foron defendidas no Congreso polo BNG por que nin PP, nin PSOE, nin a Xunta defendeu os acordos tomados na FEGAMP contra a aplicación desta Lei explicou Abraira. Para o BNG tanto PP como PSOE teñen unha posición moi timorata respecto á aplicación desta lei que vai ser absolutamente lesiva para os concellos. Estes dous partidos que sempre defenden esa suposta autonomía municipal a dia de hoxe non están exercendo esa auton
O BNG esixe responsabilidade por parte da Xunta e unha resposta aos concellos de quen e con que cartos vai exercer esas competencias. Paz Abraira abriu interrogacións sobre a futura aplicación da Lei quén se vai facer cargo dos comedores dos colexos do concello de Lugo a partir do ano que ven?. Quen vai facerse cargo das garderías do concello de Lugo?. O BNG aposta por que sexan os concellos quenes presten eses servizos por que teñen que ser administracións próximas ao cidadán as que presten estes servizos tan necesarios para paliar a situación tan crítica que estamos a padecer.omía municipal afirmou a voceira do BNG en Lugo.
O BNG tamén lle reclama ao PSOE do concello de Lugo que sexa máis belixerante en termos institucionais respecto á aplicación desta medidas. O concello non pode, segundo a voceira do BNG, agardar cos brazos cruzados a que haxa unha resposta. O goberno municipal terá que prever o que vai pasar a partir de setembro do ano vindeiro coa prestacións destes servizos.
Abraira afirmou que na Xunta nin miraron esta Lei por que se foran conscientes da que se lles ven enriba coa aplicación desta Lei estarían actuando doutra forma e engadiu a non ser que a súa intención sexa autorizar as competencias aos concellos sin facer a achega económica correspondente para poder efectivizalas e os concellos terán que decidir se prestan estes servizos ou non.
En Lugo non hai Hortos Escolares e perigan os comedores
No caso de Lugo xa puidemos ver os efectos desta nova Lei dixo Paz Abraira xa que Existe unha comunicación aos centros escolares dicindo que se suspende a actividade dos hortos escolares. Esta actividade que se levaba facendo, no concello de Lugo, dende fai moitísimos anos desaparece por un imperativo legal do PP en Madrid. A voceira nacionalista explicou que se suspende por que o concello xa non ten competencias en educación, somentes conserva as competencias para custodia e mantemento dos centros escolares. A aplicación desta Lei plásmase de xeito directo por que os concellos perden as competencias en educación, en emprego e en servizos sociais.
A seguinte incógnita para o BNG é que vai pasar cos comedores escolares, coas actividades extraescolares e coas garderías intantis. A Lei establece que os concellos poden pedir á Xunta un permiso para desenvolver estas competencias. Pero tal en como dixo Abraira a Xunta, despois de un mes e medio despois da aprobación desta norma da a calada por resposta. A día de hoxe non fixo nin unha soa manifestación pública de como vai facer cos concellos para que siga prestando os servizos. O mesmo vai suceder cos servizos sociais, aínda que neste caso existe unha prorroga ata o ano 2015. No caso das competencias de educación e emprego esta demora na aplicación da norma non está establecida. Paz Abraira lembrou que o concello tivo que paralizar unha liña de axudas dirixidas a autónomos e pequenas empresas por que a día de hoxe xa non ten competencias en materia de emprego.