O BNG LEVA AO PARLAMENTO O DESMANTELAMENTO DO SERVIZO DE APOIO Á MOBILIDADE -065-
Cosme Pombo informou que o BNG interpela á consellería de Traballo e Benestar ante a eliminación deste servizo de traslado dos dependentes a centros de terapia tan necesario na comarca de Lugo
Lugo, 4 de febreiro, 2013. Cosme Pombo informou da interpelación que o BNG presentou no Parlamento Galego á consellería de Traballo e Benestar ante a modificación do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal -065- e a eliminación dos programas de dependencia e benestar. Cosme Pombo critica o argumento de eficacia esgrimido polo Goberno galego para xustificar a desmantelamento total do 065.
A eliminación dun servizo destas características supón o abandono dos que máis o necesitan Cosme Pombo referiuse as características dunha comarca como a de Lugo con zonas tan ailladas como a de Fonsagrada ou a Montaña e cunha poboación tremendamente dispersa e envellecida.
O BNG preguntalle á conselleira Beatriz Mato polos motivos da eliminación deste servizo, a cantas persoas afecta , cantas quedarán sen posto de traballo e se existe algunha previsión para garantir a mobilidade das persoas con maiores dificultades
A Xunta de Galiza, explica Pombo, pretende deixar de prestar o servizo de traslado diario ou semanal d@s dependentes a centros para realizar as terapias e engadiu que unha vez máis a Consellería de Benestar desmantela un servizo necesario que custou moito esforzo deseñar e implantar e que daba servizo de maneira regular a todos os dependentes que o solicitaban.