“A IMAXE CATÓLICO-CASTRENSE DE OROZCO NESTA SEMANA EXPLICA A CONTINUIDADE DOS SÍMBOLOS FRANQUISTAS"

“A IMAXE CATÓLICO-CASTRENSE DE OROZCO NESTA SEMANA EXPLICA A CONTINUIDADE DOS SÍMBOLOS FRANQUISTAS"

Rubén ArroxoO candidato do BNG-Asambleas Abertas dixo que “dende unha óptica aconfesional non ten xeito que un alcalde presida unha procesión nin que un cura presida unha corporación municipal”

Rubén Arroxo sinalou que “para nos está claro que Lugo non pode continuar con simboloxía da ditadura nas rúas, proporemos a colaboración do concello coas comunidades de propietarios para eliminar as placas, que quedan nalgúns edificios, co xugo e as frechas”

Lugo, 4 de abril 2015. Rubén Arroxo lamentou a actitude do PSOE a respecto da retirada dos nomes franquistas das rúas e afirmou que “a imaxe católico-castrense de Orozco nesta semana santa explica perfectamente a continuidade dos nomes franquistas nas rúas”. Arroxo dixo que “a parada militar do luns pola mañá diante do concello, coas fachadas tapadas por bandeiras españolas, disparos ao aire e o alcalde aos pés do crucifixo, parecía sacada do NO-DO ou dunha película de Berlanga”. “Por coherencia os representantes do BNG non participan neste tipo de actos relixiosos”, dixo Rubén Arroxo, e engadiu que “dende unha óptica aconfesional non ten xeito que un alcalde presida unha procesión nin que un cura presida unha corporación municipal”.

Rubén Arroxo sinalou que “para nos está claro que Lugo non pode continuar con simboloxía da ditadura nas rúas” e anunciou que “ademais de eliminar a simboloxía dos edificios públicos e dos nomes das rúas, proporemos a colaboración do concello coas comunidades de propietarios para eliminar as placas, que quedan nalgúns edificios, co xugo e as frechas”. O candidato do BNG-Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, sinalou que o programa electoral que están a elaborar “dirá claramente o que imos facer a respecto da simboloxía da ditadura que aínda perdura neste concello”.

Para o candidato do BNG-AA “está claro que neste asunto hai un acordo entre PP e PSOE e ningunha das dúas forzas vai mover un dedo para que a retirada da simboloxía franquista sexa eliminada”. Arroxo lembrou que foi o BNG quen impulsou, sempre, estes cambios no concello de Lugo. O primeiro cambio de nomes franquistas na rúas de Lugo acometeuse no mandato do 1999 e iniciouse, de novo, no actual mandato pola vontade do BNG mentres estivo no goberno municipal.

Un total de 9 rúas de Lugo, que aínda manteñen nomes de persoas relacionadas co réxime do dictador Franco. Estas rúas son: Irmáns Pedrosa, Xeneral Tella, Ramón Montenegro, Cedrón del valle, Ruíz de Alda, Tenente Coronel Teijeiro, praza de Comandante Manso, av. de Carlos Azcárraga e av. de Ramón Ferreiro. “Ademais o PP propuxo nomear a unha rúa co nome de Manuel Fraga Iribarne e o PSOE non clarificou a súa posición sobre este nomeamento” dixo Rubén Arroxo.

“A IMAXE CATÓLICO-CASTRENSE DE OROZCO NESTA SEMANA EXPLICA A CONTINUIDADE DOS SÍMBOLOS FRANQUISTAS"