“LUGO TEN QUE SER UNHA CIDADE AMABLE COAS PERSOAS” AFIRMOU RUBÉN ARROXO

“LUGO TEN QUE SER UNHA CIDADE AMABLE COAS PERSOAS” AFIRMOU RUBÉN ARROXO

IMG_7560O candidato do BNG-Asambleas Abertas dixo “que o tráfico rodado conviva cos peóns no casco histórico é posible pero hai que definir un modelo un cidade pensada para as persoas”

O BNG – Asambleas Abertas apostará no seu programa por incluir fórmulas para mellorar a convivencia do tráfico rodado cos peóns dentro do casco histórico

Lugo, 31 de marzo 2015. Rubén Arroxo anunciou que o BNG – Asambleas Abertas proporá medidas para mellorar o control do tráfico no casco histórico. Para Rubén Arroxo “en algunhas ocasións resulta escandoloso ver a cantidade de vehículos que están estacionados en zonas peonís do casco histórico”. Para Rubén Arroxo “que exista unha regulación e unhas normas claras é bon para a xente, para os transportistas e tamén para mellorar a imaxe da cidade diante das persoas que nos visitan”.

O candidato do BNG-Asambleas Abertas dixo “que o tráfico rodado conviva cos peóns no casco histórico é posible pero hai que definir un modelo un cidade pensada para as persoas”. Arroxo referiuse ao traballo feito polo BNG en cidades como Pontevedra que recentemente ven de recibir o premio da ONU polo seu modelo de cidade. Arroxo apostou  por “un modelo que mellore as nosas prácticas de convivencia para mellorar a calidade de vida das persoas”.

Arroxo sinalou que “inclueremos no noso programa fórmulas que conduzan á implatación de modelos de tráfico calmado no casco histórico”. “Temos que traballar para que a xente viva no dentro da muralla e permitir os accesos ás zonas de carga e descarga” dixo Rubén Aroxo e engadiu que “a rehabitación, desenvolvemente túrístico e o funcionamento diario do comercio ten que estar dentro dun modelo de cidade pensado para as persoas”.

“LUGO TEN QUE SER UNHA CIDADE AMABLE COAS PERSOAS” AFIRMOU RUBÉN ARROXO