PRIORIZAREMOS SOLUCIONAR OS PROBLEMAS, OUTROS ANUNCIAN GRANDES OBRAS QUE NUNCA FARÁN DIXO ARROXO
O BNG-Asambleas Abertas apostará por atender e solucionar as cousas que lle facilitan a vida a xente, mentres outros apostan polas obras caza-votos sinalou Rubén Arroxo
Arroxo dixo que parece incrible que non se teña acondicionado o paso baixo a N-VI que da acceso, dende a Calzada da Ponte ao Pazo de Feiras e ao Anxo Carro
Lugo, 5 de abril 2015. Rubén Arroxo criticou que non se teña dado solución ao firme do acceso que comunica as inmediacións da Calzada da Ponte co Pazo de Feiras e o estadio Anxo Carro. O candidato do BNG-AA anunciou que priorizaremos solucionar os problemas dos barrios e acondicionar as infraestruturas existentes, outros anuncian grandes obras que nunca farán. Arroxo sinalou que son apenas 200 metros de asfaltado que se están negando mentres o concello gasta preto de 5 millóns de euros consensuados por PP e PSOE para buscar votos
Arroxo criticou ao candidato do PP por que foi facer un vídeo para pedir o arranxo deste paso baixo a N-VI pero á hora de negociar os remanentes con Orozco esqueceuse desta petición. Arroxo dixo que o candidato popular preferiu apostar polas obras caza-votos que por dar solución a un vial que se utiliza cando hai eventos no Pazo de Feiras ou no estadio Anxo Carro e que require un escaso investimento. Para o candidato do BNG-AA arranxar este acceso contribuiría a evitar os constantes cruces de persoas na N-VI nos días nos que hai eventos e quen pon en perigo as vidas de quen por alí transita.
Arroxo lembrou que foi o BNG quen impulsou, mentres permaneceu no goberno municipal, un plan de mantemento das infraestruturas dos barrios e un mecanismo para atender as peticións veciñais cun criterio técnico. Mentres Paz Abraira foi concelleira de infraestruturas solucionouse, por exemplo, o tapón da rúa Dona Urraca, unha demanda de veciños e veciñas que contribuíu a mellorar as comunicacións na zona afirmou Rubén Arroxo.