LUGO É O PARADIGMA DO DETERIORO DO FERROCARRIL EN GALIZA ASEGUROU ROSANA PÉREZ
A Deputada do BNG no Congreso dos Deputados presentou unha iniciativa pedindo o mantemento dos servizos na estación do ferrocarril de Lugo e a reactivación de liñas ferroviarias
Rosana Pérez compareceu acompañado por cabezas de lista do BNG nos concellos polos que pasa a liña do tren na comarca de Lugo
Lugo, 7 de abril de 2015. A Deputada do BNG, Rosana Pérez, presentou hoxe en Lugo a iniciativa que levou ao Congreso dos Deputados reclamando o mantemento de servizos na estación do ferrocarril de Lugo e a reactivación de liñas ferroviarias. Rosana Pérez asegurou que Lugo é o paradigma do deterioro do ferrocarril en Galiza. Para o BNG este deterioro que vemos na estación de Lugo, e que impera noutras estacións, é a imaxe delatora dos recortes do goberno do estado en materia ferroviaria.
Ademais dos constantes recortes nas liñas ferroviarias, Rosana Pérez sinalou que na stación do tren de Lugo a taquilla de venta de billetes, así como o punto de información, sólo permanecen abertos en horario de mediodía e engadiu que resulta casi imposible encontrarse a traballadores de Renfe a quen dirixirse en caso de problemas o dúbidas.
Para o BNG resulta preocupante que a Estación do Ferrocarril, que é porta de entrada a unha cidade cun elemento turístico patrimonio da humanidade, teña esa imaxe que é, para os visitantes, a primeira imaxen que reciben de Lugo. Rosana Pérez lembrou que en maio de 2014 a Ministra de Fomento sinalaba nunha sesión plenaria do Senado que o proxecto da estación intermodal de Lugo, así como la alta velocidade, van adiante e engadiu que a titular de Fomento indicaba que se ían destinar 3 millones de euros para a mellora da estación actual. Todas as inversións que se fagan non serven de nada se non se lle da vida ao ferrocarril e ás estacións.
Rosana Pérez compareceu acompañada das persoas que encabezan as candidaturas do BNG-Asambleas Abertas nos concellos da comarca de Lugo polos que pasa a vía do ferrocarril. Os candidatos do BNG-AA de Lugo, Rubén Arroxo; Sarria, Efrén Castro; Guitiriz, Xosé Lois Souto; Láncara, Iago Bande; Rábade, Iván Sanjiao; O Corgo, Mario Outeiro, e O Páramo, María Xesús Gil; manifestaron a necesidade de que este medio de transporte público incremente as liñas de cercanias e sirva como elemento vertebrador da comarca.
A deputada do BNG pedirá, ante Ministerio de Fomento, explicacións sobre o recorte de persoal e prestacións na estación de Lugo. Rosana Pérez preguntará tamén sobre a situación na que se atopa a tramitación da prometida estación intermodal de Lugo.