FAREMOS QUE LUGO FUNCIONE, QUE OS PROBLEMAS DA XENTE SE RESOLVAN, QUE O CONCELLO TEÑA FUTURO
O BNG-Asambleas Abertas presentou a candidatura coa que concurrirá ás eleccións municipais de maio, na que un 40% das persoas que a conforman non son afiliadas ao BNG
Arroxo agredeceu o compromiso necesario das persoas que sen ser militantes do BNG apostaron por este proxecto claro e de futuro para este país e para Lugo
Lugo, 8 de abril 2015. O BNG Asambleas Abertas presentou en Lugo a candidatura coa que concurrirá ás eleccións municipais de maio. No acto de presentación o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, suliñou que un 40% das persoas que a conforman non son afiliadas ao BNG e esto demostra que o noso proxecto é un proxecto da xente e para a xente. Rubén Arroxo agredeceu o compromiso necesario das persoas que sen ser militantes do BNG apostaron por este proxecto claro e de futuro para este país e para Lugo.
O acto foi presentado por Antón Bao e, antes do peche do candidato á alcaldía, Rubén Arroxo, contou coas intervencións de todas as persoas que compoñen a candidatura. Arroxo destacou a incorporación de moitas persoas novas que proveñen de diferentes ámbitos da vida económica, cultural, social e deportiva deste concello. Arroxo sinalou que a candidatura do BNG é diversa e formada por xente comprometida, honesta e traballadora.
Rubén Arroxo dixo que chegou o momento de que transformemos a nosa indignación en resposta e por iso foi polo que aceptei encabezar esta candidatura e engadiu que houbo asambleas e xuntanzas durante semanas para deseñar o proxecto que queremos para Lugo, sabemos como transformar este concello e como darlle futuro.
Na súa intervención, Rubén Arroxo, referiuse ao problemas de desempregro que sufre a xuventude, á emigración, e tamén a temas relativos ao concello de Lugo como a xestión do PXOM ou a carencia de dotacións no HULA. Arroxo defendeu, tamén, o traballo feito polo BNG no concello durante estes anos e felicitou aos seus predecesores.
O modelo dos gobernos BNG
O candidato do BNG Asambleas Abertas puxo como modelo o traballo feito polo BNG en Pontevedra e dixo que nós non temos que inventar nada novo, temos o programa do BNG, sabemos que funciona, e esta demostrado, non só en Pontevedra, tamén en Allariz, Carballo, San Sadurniño, Ribadeo ou Riotorto. Arroxo contrapuxo o modelo de xestión seguido polo BNG en Pontevedra cos casos de corrupción do PP no concello de Santiago de Compostela.
Candidatura do BNG Asambleas Abertas
- Rubén Arroxo Fernández Arquitécto Técnico e atleta
- Maite Ferreio Tallón Desempregada e vencellada ao movemento sindical agrario
- Antón Somoza Caxato Doctor en Humanidades
- Cristina Ferreiro Lopez Traballadora da Sanidade Pública e concelleira do BNG en Lugo
- Daniel Cabana Yanes Funcionario da Tesourería da Seguridade Social
- Esther Gómez Fórneas Profesora da USC e promotora do movemento ecoloxísta
- Felipe Rivas Jorge Técnico electrónico e activista social
- Marta Rodríguez Engroba Comercial e fundadora dunha asociación contra a vilencia de xénero
- Alexandre Penas Roibás Traballador Social e reponsábel local do BNG de Lugo
- Carme Aira Díaz - Traballadora da Sanidade Pública e sindicalista da CIG
- David Vázquez Vázquez - Traballador da Sanidade Pública e vencellado á cultura tradicional
- Pura López López - Labrega
- Yann George Pouliquen Kerlau Autónomo e Enxeñeiro Agrónomo
- María Carballo Núñez Psicopedagoga
- Fernando Fernández Fernández Bombeiro
- Cristina López Fernández Traballadora no sector servizos
- Manuel Alberte Fernández Fraga Funcionario do estado
- Andrea Galego Valdeigrexia Médico de Familia
- José Luis Varela Piñeiro Profesor do ensino medio
- Alba Cuba Dorado Licenciada en INEF e Triatleta
- Benigno Ruíz Profesor da USC
- María do Carme Pérez Árias - Traballadora da Sanidade Pública
- Avelino Basanta Regueira Piloto e defensor das persoas con discapacidade.
- Francisco Novo Vázquez Traballador Social no movemento asociativo vencellado á 3ª idade.
- Paz Abraira Sobrado - Enxeñeira Técnica Forestal e concelleira do BNG en Lugo