Que Lugo se declare contrario aos TTIP é defender ás persoas sobre os intereses económicos
O BNG Asembleas Abertas levará ao pleno unha iniciativa para pedir que Lugo se declare como concello contrario ao TTIP
Arroxo sinalou que o Tratado Transatlántico de Comercio e Inversións entre a Unión Europea e Estados Unidos é un ataque aos dereitos laborais e aos sectores produtivos
Lugo, 13 de xaneiro de 2016. O BNG Asembleas Abertas levará ao pleno do concello de Lugo unha iniciativa para que a corporación municipal se sume a declarar a Lugo como concello contrario ao Tratado Transatlántico de Comercio e Inversións entre a Unión Europea e Estados Unidos. A proposición impulsada polo BNG Asembleas Abertas argumenta manifestar a oposición ao TTIP en defensa dos servizos públicos básicos para a solidaridade e para buscar a igualdade".
Rubén Arroxo indicou que temos acadar un acordo institucional, para que a educación, a sanidade, os servizos sociais e os subministros queden á marxe dun tratado como o TTIP e solicitar a suspensión das negociacións. Ademáis, a través desta iniciativa comprometerémonos a promover a información e o debate sobre a cuestión entorno ás persoas, incidindo nas consecuencias que a aplicación deste tratado poida ter sobre Lugo e sobre Galiza.
Agora mesmo vólvese abrir o debate e un arrase dos poucos dereitos laborais que aínda temos e a desaparición dos nosos sectores produtivos. Arroxo indicou que non se está trasladando información á xente sobre as consecuencias deste tratado por que non queren que nos enteremos do dano que nos vai facer un acordo pensado para facer aos ricos máis ricos e aos pobre máis pobres. Arroxo criticou un tratado "que conculca a soberanía democrática en beneficio de intereses económicos" .