Maite Ferreiro prioriza o apoio aos gandeir@s sobre a comisión de festas
Os ediles nacionalistas tiñan previsto unha visita aos gandeiros concentrados diante das industrias e sinalaron estamos onde temos que estar, coa xente
Ferreiro decidiu non asistir á comisión de festas por falta de contido e pola falta de tempo na convocatoria
Lugo, 15 de setembro de 2015. A edil do BNG Asembleas Abertas, Maite Ferreiro, informou hoxe que a Comisión de Festas foi convocada formalmente onte ás 19:18 horas e por correo electrónico non consideramos normal que se nos convoque dun día para outro e que se nos entregue unha documentación incompleta e a menos de dúas horas da celebración da comisión.
Ferreiro explicou que para hoxe tíñamos prevista, como fixemos todos estes días, unha visita ás concentracións de gandeiras e gandeiros que hai nas industrias lácteas e engadiu que estamos onde temos que estar, coa xente, por eso decidimos non asistir a esta convocatoria da comisión festas, por falta de contido e por falta de tempo na convocatoria.
Maite Ferreiro sinalou que é preciso un cambio de funcionamento da comisión de festas, na que unicamente o goberno municipal escoita as propostas que facemos algúns dos grupos e se da conta das decisións que xa saíron publicadas en prensa e engadiu que a comisión ten que servir para elaborar o pograma de festas, e tamén para trazar as liñas de futuro para o San Froilán, co fin de que continúe manténdose no tempo como a grande festa do outono galego.