As máquinas de cobro dos aparcadoiros soterrados teñen tres idiomas pero non o galego
Maite Ferreiro lamentou que non se considere o noso idioma e que o goberno municipal non vele pola aplicación da ordenanza municipal, aprobada por unanimidade, que regula o uso do galego
O BNG Asembleas Abertas reclamaralle ao goberno municipal e á empresa concesionaria que corrixa esta situación tras recibir queixas de persoas usuarias
Lugo, 19 de febreiro de 2016. A edil do BNG Asembleas Abertas, Maite Ferreiro, denunciou hoxe que as novas máquinas de cobro dos parkings soterrados de Lugo non teñen idioma galego a pesares de ter tres idiomas para o seu funcionamento ningún deles é o galego. Maite Ferreiro lamentou que non se considere o noso idioma e que o goberno municipal non vele pola aplicación da ordenanza municipal, aprobada por unanimidade, que regula o uso do galego
Maite Ferreiro explicou que os aparcadoiros soterrados da praza do Ferrol, Santo Domingo e a praza da Constitución son de propiedade municipal a pesares de estar xestionados por unha empresa concesionaria e sinalou que o concello de Lugo ten unha ordenanza de uso do galego que fora aprobada unanimemente por todos os grupos políticos con representación no pleno. O BNG Asembleas Abertas reclamaralle ao goberno municipal e á empresa concesionaria que corrixa esta situación.
Recibimos queixas de varias persoas e por iso denunciamos esta situación que nos parece paradóxica dixo Maite Ferreiro e engadiu que pódese pagar en Inglés, Francés ou Español pero non en galego cando en realidade a maioría dos pagos facémolos as galegas e os galegos.