AS NOSAS PROPOSTAS PARA A RESIDENCIA SON CLARAS DIXO RUBÉN ARROXO
O Candidato do BNG-Asambleas Abertas dixo que nós defendemos un uso socio-sanitario para estas instalacións, o PP, dependendo que fale, está entre a comisaría ou a especulación inmobiliaria
Rubén Arroxo sinalou que esta zona da cidade precisa, claramente, dun P.A.C. para mellorar as prestacións sanitarias
Lugo, 20 de abril 2015. Rubén Arroxo visitou o barrio da Residencia acompañado de membros da candidatura do BNG-Asambleas Abertas. Nesta visita Arroxo afirmou que Jaime Castiñeira escapou á outra punta da cidade para presentar a súa candidatura pero neste barrio é onde está unha das súas maiores vergonzas. Arroxo lembrou que o BNG sempre apoiou todas as reivindicacións veciñais para este barrio e mantivemos unha postura firme e coherente.
Arroxo dixo que nos utilizaremos o concello como ferramenta para defender ás persoas e os intereses de Lugo e engadiu que ás políticas do BNG nas institucións son para defender á xente. En referencia á situación de abandono do edificio da residencia, Arroxo dixo que as nosas propostas para este edificio son claras e apuntou que esta zona da cidade precisa, claramente, dun P.A.C. para mellorar as prestacións sanitarias dos veciños e veciñas. Arroxo dixo que Lugo precisa de centros públicos para atender ás persoas maiores e este edificio podería albergar, perfectamente, unha destas instalacións.
O candidato do BNG-Asambleas Abertas dixo que o PP nunca quixo facer nada por este edificio nin por este barrio e o máis clarificador que escoitamos foron as últimas declaracións da conselleira de sanidade que apuntan ao que realmente pode ser a súa intención. Arroxo dixo que nós defendemos e seguimos defendendo un uso socio-sanitario para estas instalacións, o PP, dependendo que fale, está entre a comisaría ou a especulación inmobiliaria.