“O URBANISMO TEN QUE SER PENSADO PARA AS PERSOAS E NON PARA OS GRANDES EDIFICIOS” DIXO ARROXO

“O URBANISMO TEN QUE SER PENSADO PARA AS PERSOAS E NON PARA OS GRANDES EDIFICIOS” DIXO ARROXO

IMG_9215O Candidato do BNG-Asambleas Abertas dixo que “as propostas de rehabilitación debe levar parello un plan de rehabitación e de adecuación de espazos públicos para as persoas”

Rubén Arroxo sinalou que “a Milagrosa é un dos lugares da cidade nos que se demostra que o PXOM que aprobaron PP e PSOE non é o plan de ordenación desta que precisa este concello”

Lugo, 21 de abril 2015. Rubén Arroxo visitou o barrio da Milagrosa acompañado de membros da candidatura do BNG-Asambleas Abertas. Nesta visita Arroxo afirmou que “o urbanismo ten que ser pensado para as persoas e non para os grandes edificios” e engadiu que “as propostas de rehabilitación debe levar parello un plan de rehabitación e de adecuación de espazos públicos para as persoas”. Arroxo lembrou que “a Milagrosa é un dos lugares da cidade nos que se demostra que o PXOM que aprobaron PP e PSOE non é o plan de ordenación desta que precisa este concello”.

 

IMG_9238Arroxo dixo que “neste barrio hai exemplos do tipo de urbanismo que non se debe acometer e nos apostamos por espazos humanizados nos que se pense na persoas”. Arroxo dixo que Lugo precisa dunha aposta decidida das administracións para a recuperación e rehabilitación dos barrios “preto de aquí temos o barrio Feixoo que é outro dos barrios da cidade que precisan dunha intervención integral para mellorar a calidade de vida dos seus habitantes”.

 

O candidato do BNG-Asambleas Abertas referiuse tamén ás políticas sociais e dixo que “hai que apostar por un envellecemento activo da poboación”. Arroxo criticou que a Xunta de Galiza non aposte por outro tipo de xestión dos centros sociais como é o caso do da Milagrosa”. Para Arroxo “é encomiable o traballo que fan os traballadores e traballadoras deste centro social a pesar dos continuos recortes que están a sufrir e a pesares da escasa aposta do PP por todo o que ten que ver coa mellora dos servizos sociais”.

“O URBANISMO TEN QUE SER PENSADO PARA AS PERSOAS E NON PARA OS GRANDES EDIFICIOS” DIXO ARROXO