O BNG-AA RECLAMA MELLORAS NO FERROCARRIL E UNHA REDE DE CERCANÍAS QUE CONECTE O INTERIOR DE GALIZA
Arroxo sinalou que fai catro anos faciamos esta mesma reclamación a un goberno do PSOE, agora está o PP e a situación é exactamente a mesma con calquera dos dous
Maite Ferreiro e Rubén Arroxo visitaron as instalacións da estación de Lugo coa Deputada do BNG no congreso Rosana Pérez
Lugo, 18 de abril de 2015. O candidato do BNG AA, Rubén Arroxo, e a número dous da candidatura, Maite Ferreiro, visitaron a estación do ferrocarril de Lugo acompañados da Deputada do BNG no congreso dos Deputados, Rosana Pérez. O candidato nacionalista á alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo, dixo que asistimos a o desmantelamente progresivo dun servizo necesario para a xente e sinalou que fai catro anos faciamos esta mesma reclamación a un goberno do PSOE, agora está o PP e a situación é exactamente a mesma con calquera dos dous. Arroxo dixo que non imos facer ningún paripé de recollida das nosas propias sinaturas por que a postura do BNG é clara e coherente e non depende de quen goberne en Madrid como lle ocurre ao candidato Orozco.
O candidato á alcaldía de Lugo afirmou que o debate sobre o ferrocarril para a provincia de Lugo non é só o da chegada do AVE, senón tamén o dos servizos de proximidade. Por iso, insistiu, é preciso que a batalla do tren en Lugo non sexa só un debate de infraestruturas, senón tamén de servizos e indicou que a provincia ten as características apropiadas para que funcione un tren de cercanías con Láncara, Sarria, Monforte, Guitiriz, Rábade.
Para Rubén Arroxo reivindicamos o tren de cercanías e a mellora dos servizos e a conexión ferroviaria do interior de Galiza e engadiu que a nosa é unha aposta polo tren e polas comarcas do interior, afirmou Rubén Arroxo, que destacou a capacidade do ferrocarril para a vertebración da provincia. Arroxo exemplificou o abandono das infraestruturas ferroviarias en Galiza comparando unha viaxe entre Lugo e Ourense, distantes tan só 100 quilómetros, dura o mesmo tempo, que o traxecto en AVE entre Madrid e Valencia, que distan 400 quilómetros.
Rosana Pérez lembrou que o BNG ten presentadas numerosas iniciativas no Congreso dos Deputados tanto cando os ministros de fomento eran do PSOE como agora que son do PP e a situación de desmantelamento do ferrocarril en Galiza non mudou por que ámbolos dous partidos teñen un visión centralista que non lles permite ver as necesidades concretas das galegas e galegos. Pérez demandou a necesidade de servizos de cercanías e tamén de máis frecuencias e conexións tanto con Madrid e Barcelona como co resto de cidades galegas.