A nova concesión do transporte público debe contemplar que todos os vehículos sexan accesibles
Os nacionalistas reclaman que os vehículos que presten servizo no rural sexan adaptados por que é tan ou máis necesario que na cidade
Non se pode pechar un contrato coa empresa por 15 anos sen preveer estas cuestións que son fundamentais anfirmou o voceiro do BNG Asambleas Abertas
Lugo, 20 de outubro 2015. O voceiro do BNG Asembleas Abertas indicou que o goberno municipal debe considerar a necesidade, á hora da adxudicación do servizo público de transporte de pasaxeiros, de incluír cuestións que afectan á vida de diaria dos lucenses. Rubén Arroxo sinalou que nas propostas que presenten as empresas debe contemplarse que todos os vehículos que presten o servizo sexan aceesibles independentemente das rutas que fagan.
Arroxo lembrou que o novo contrato de adxudicación vaise asinar por un periodo de 10 anos prorrogables a 15 e por un importe que ronda os 3,2 millóns de euros anuais. Non suceder o que esta a pasar agora a respecto dalgúns dos vehículos que non son accesibles para as persoas que utilizan sillas de rodas anfirmou o voceiro do BNG Asembleas Abertas.
Para o BNG Asembleas Abertas débense plantexar posibilidades que queden contempladas á hora de facer a adxudicación do servizo de transporte público para que Lugo conte cun servizo sostible e eficiente para todas as persoas. Arroxo explicou que, neste momento, hai varios vehículos que cubren liñas, sobre todo no medio rural, que non están adaptados para que poidan acceder a eles persoas que viven con cadeiras de rodas.