O BNG Asembleas Abertas propón que se inicie a revisión do PEPRI
Non actualizar o PEPRI significa condenar o casco histórico a unha enfermidade terminal dixo Rubén Arroxo
Para os nacionalistas é fundamental actualizar este documento para que a cidade poida seguir viva e con futuro
Lugo, 19 de outubro 2015. O grupo municipal do BNG Asembleas Abertas pediralles ao resto dos grupos con representación na corporación que se inicien os traballos e xestións necesarias para actualizar o PEPRI. Segundo Rubén Arroxo este documento foi redactado fai vinte anos e a día de hoxe precisa dunha actualización. Arroxo dixo que non actualizar o PEPRI significa condenar o casco histórico a unha enfermidade terminal.
Rubén Arroxo afirmou que Lugo ten que ser unha cidade aberta á innovación e ao futuro, se perder de vista a protección do noso patrimonio. O voceiro do BNG Asembleas Abertas explicou que con un PEPRI sen actualizar a cidade estase construíndo a cidade á base de modificacións puntuais que en moitos casos, como na confluencia da ronda da Muralla e a Rúa San Roque, perxudica gravemente o desenrolo sostible do urbanismo de Lugo.
Para o BNG Asembleas Abertas hai que abrir, de xeito efectivo, debates que fagan que Lugo avance e que no que se conte coa participación real da xente, dos colectivos e de quen fomos elixidos para representar a veciños e veciñas. Arroxo referiuse á necesidade de revisar o PEPRI por que parte de rehabilitación de edificios do casco histórico e do entorno da muralla está paralizada pola falta de actualización do documento.
Novas propostas para a cidade
Arroxo sinalou que poder afrontar proxectos novos, como o presentado nesta fin de semana por Lugo Monumental, esta limitado por un PEPRI que corresponde a outro momento. O voceiro nacionalista valorou positivamente que dende o tecido asociativo xurdan novas propostas que poden mellorar considerablemente a vida na cidade e que poden ser perfectamente asumibles e engadiu que as forzas políticas temos que estar á altura e artellar sistemas para que as normativas non constrinxa a execución das iniciativas que son boas para Lugo.