NOVA FOCHANCA NA INFANTA ELENA

NOVA FOCHANCA NA INFANTA ELENA

fotos 151Paz Abraira reclámalle ao Concello  que lle esixa á Xunta de Galiza unha solución definitiva para este vial que presenta constantes problemas no firme

O firme xa fora arranxado pola Consellería de Política Territorial fai aproximadamente dous anos e medio cando o BNG ostentaba as responsabilidades na área de infraestruturas do Concello de Lugo

Paz Abraira: “agora que se están desenvolvendo as obras da Ponte Paradai sería o momento tamén para esixirlle á Xunta, que é a titular aínda a día de hoxe deste vial, que adopte unha solución definitiva”

Lugo, 14 de agosto de 2014. A edil do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, denunciou a existencia dun novo socavón no entronque da avenida Infanta Elena coa rotonda que une esta avenida coas rúas Monforte, río Sil e Miguel de Cervantes. reclamou que o goberno municipal lle esixa á Xunta de Galiza unha solución definitiva para este vial que presenta constantes problemas no firme desta zona. A nacionalista rexistrou unha serie de preguntas destinadas ao Goberno Municipal para preocuparse sobre as xestións que este esta a facer coa Xunta de Galiza para resolver este problema que pon en perigo aos usuarios desta vía.

Para a voceira do BNG no Concello de Lugo “agora que a Xunta de Galiza está desenvolvendo as obras da Ponte Paradai sería o momento tamén para esixirlle á Xunta, que é a titular aínda a día de hoxe deste vial, que adopte unha solución definitiva e que os cidadáns non teñamos que estar padecendo mes si e mes tamén o afundimento neste tramo nunha vía que é prioritaria para a condución do tráfico no noso concello.”

Abraira lembrou que o estado desta vía é responsabilidade da Consellería de Política Territorial e que xa fora arranxada fai menos de tres anos cando o BNG ostentaba as responsabilidades na Área de Infraestruturas do Concello de Lugo. O BNG solicita que se lle de unha solución definitiva xa que a aparición reiterada deste socavón non é derivada do uso da vía se non que se trata dun defecto construtivo.

Abraira sinalou que a Consellería debe de dar solución definitiva xa que a avenida Infanta Elena é un dos viais máis transitados para o acceso á cidade e “non é de recibo que continúen aparecendo problemas no firme de xeito reiterado”. A aparición deste socavón é consecuencia, segundo consideran algúns técnicos, da existencia de caudais de auga subterránea nesta zona que non foron debidamente canalizados no momento da construción da estrada.

NOVA FOCHANCA NA INFANTA ELENA