Olalla Rodil participou na recollida de avais electorais para as eleccións xerais do 26 de xuño
Á espera de que o prazo de recollida de avais se peche o vindeiro luns, o BNG xa ten recollido máis de 8.000 apoios por todo o país, unha cifra que cuadruplica a esixencia legal de presentar un número de sinaturas equivalente ao 0,01% do censo electoral. Un apoio que Rodil interpreta como a ilusión de moitas persoas por ter unha segunda oportunidade que lle permita a Galiza recuperar a voz que perdeu en Madrid.
Esto é como consecuencia dunha recente reforma electoral pactada polo PP e polo PSOE, pero o BNG converte esta limitación nunha oportunidade e nun motivo de orgullo poder presentarse co aval de miles de cidadáns que, coa súa sinatura, apoian a presentación da nosa candidatura, explicou a que será candidata por Lugo do BNG.
O fracaso de PSOE e de Podemos para dar unha alternativa a Rajoy convértese nunha segunda oportunidade para todos os galegos e galegas que queren que Galiza deixe de ser espectadora, como sucedeu ao longo dos meses de sobreactuación teatral que sucederon ao 20D, e tamén unha segunda oportunidade para un cambio real, concluíu.