Rubén Arroxo reclama do goberno municipal un mellor mantemento das instalacións deportivas
Un exemplo de desatención é a pista de volei-praia que está situada no parque da Milagrosa sinalou o voceiro do BNG-AA
Lugo, 23 de maio de 2016. O BNG Asembleas Abertas reclamará do goberno municipal un mellor mantemento e atención ás instalacións deportivas do concello de Lugo. Rubén Arroxo dixo que o concello ten un bo número de instalacións deportivas que precisan dun mantemento e vixiancia constante para que a práctica deportiva nestas instalacións sexa posible nas mellores condicións. Arroxo indicou que é moi positivo que os responsables de cultura atendan e escoiten ás persoas que fan uso das instalacións deportivas á hora de mellorar o seu mantemento.
Rubén Arroxo visitou a pista de Volei-praia do parque da Milagrosa, recibimos queixas de varias persoas usuarias por que o poste que sustenta a rede está totalmente doblada e ten elementos enfurruxados dixo Arroxo que tamén explicou que sería necesario ampliar a rede no perímetro da pista para evitar que os balóns escapen a zonas que case son inaccesibles para quen vai practicar deporte nesta pista. Para o BNG Asembleas Abertas este tipo de actuacións, de mantemento das instalación, apenas supoñen investimento para o concello e melloran considerablemente a calidade de vida na cidade.