O PP UTILIZA A REPRESIÓN ECONÓMICA E APLICA A LEI MORDAZA CONTRA QUEN LLE PLANTAN CARA” DIXO LOSADA

O PP UTILIZA A REPRESIÓN ECONÓMICA E APLICA A LEI MORDAZA CONTRA QUEN LLE PLANTAN CARA” DIXO LOSADA

IMG_7572  O goberno español impúxolle un multa de 1.500 € a este cargo orgánico do BNG por participar nas mobilizacións veciñais contra o peche dunha rúa peonil en Guitiriz

“A única sanción que se mantivo, de todas as propostas por aquelas protestas, foi a do militante nacionalista e eso demostra a persecución á que estamos sometidos quenes loitamos por unha sociedade máis xusta” dixo Esther López

Afonso Losada entregou un escrito na Subdelegación do Goberno de Lugo solicitando a dimisión do subdelegado por utilizar as forzas do Estado con fins partidistas e anunciou que habéra recurso contra a sanción

Lugo, 5 de marzo 2015. Afonso Losada compareceu hoxe diante dos medios de comunicación despois de ter efectivizado o pago da sanción imposta, dende a subdelegación do goberno de Lugo, por ter participado nas mobilizacións veciñais o 21 de maio de 2013. Nestas protestas un grupo de veciños e veciñas manifestáronse para rexeitar a obra emprendida polo goberno local para a reapertura da rúa do Mercado ao tráfico de turismos, e defendendo que esa rúa siga sendo peonil.IMG_7574

Afonso Losada compareceu acompañado de cargos orgánicos e institucionais do BNG onde anunciou que, a pesares de ter pagado a multa, recurirase a mesma xudicialmente. Asemade fixo entrega na Subdelación do Goberno dun escrito solicitando a demisión do Subdelegado por entender que utilizou con fins partidistas as forzas de seguridade del dependentes.  En nome do BNG falou a responsábel comarcal, Esther López, e lembrou que “a única sanción que se mantivo, de todas as propostas por aquelas protestas, foi a do militante nacionalista e eso demostra a persecución á que estamos sometidos quenes loitamos por unha sociedade máis xusta”. Para a responsábel comarcal do BNG “estes son usos que o PP lle dan á lei morzada que aprobaron en solitario e que lle serve para impoñer unha represión económica contra quenes lles plantan cara e discrepan das actuacións dos seus gobernos”. Esther López lembrou que cinco cargos do BNG sufriron a represión, pola vía sancionadora, con multas elevadas polo feito de participar en mobilizacións pacíficas.

IMG_7564Afonso Losada agradeceu as aportacións de todas a veciñanza de Guitiriz fixero aportacións económicas para poder afrontar o pago desta multa “neste momento temos que ter conciencia de colectivo para poder plantarlles cara ás políticas do PP” e engadiu que “queda demostrado que utilizan todas as ferramentas que teñen na man, ou crean outras novas, para meterlle medo á xente que ten conciencia social e conciencia de clase”. Losada engadiu que en Galiza están sancionadas, por aplicación desta lei, un bo número de persoas que se expresaron contra os roubos e os expolios que estamos a sufrir un día si e outro tamén.

O PP UTILIZA A REPRESIÓN ECONÓMICA E APLICA A LEI MORDAZA CONTRA QUEN LLE PLANTAN CARA” DIXO LOSADA