O BNG ORGANIZOU UN ACTO CO GALLO DO DÍA DA MULLER

O BNG ORGANIZOU UN ACTO CO GALLO DO DÍA DA MULLER

IMG_7646Maite Ferreiro sinalou que “a diferenza do que cobra un muller por hora traballada en Galiza é de 6,5 euros respecto a un home

Durante o acto escenificaronse as numerosas diferencias que se dan entre homes e mulleres no mercado laboral e Branca Rodríguez Pazos deu lectura a un manifesto para pechar o acto

Lugo, 6 de marzo 2015. O BNG orgnaizaou en Lugo un acto reivindicativo para denunciar, nas vésperas do 8 de marzo, ás desiguladades ás que se ven sometidas as mulleres en mateira laboral. O acto tivo lugar na praza Maior de Lugo e reuniu a un nutrido grupo de persoas que escenificaron as numerosas diferencias que se dan entre homes e mulleres no mercado laboral, tamé se deu lectura a un manifesto. Dende o BNG salientouse que “a diferenza do que cobra un muller por hora traballada en Galiza é de 6,5 euros respecto a un home e no resto do estado duns 4,15 euros”.

O acto foi presentado pola número dous da candidatura do BNG-Asambleas Abertas, Maite Ferreiro que resaltou que “o 70% dos empregos parciais son ocupados por mulleres e o 75% dos empregos temporais son ocupados por mulleres”. Para Maite Ferreiro este feito está vencellado a que “algúns instrumentos con medidas antidiscriminatorias, como a Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galiza, está totalmente paralizada polo goberno do PP na Xunta”.“As mulleres para termos o mesmo salario que os homes temos que traballar 80 días máis ao ano” dixo Maite Ferreiro que aportou unha importante serie de datos sobre a situación laboral da muller como que “no 2014 máis de 17.000 mozas tiveron que emigrar, cifra que se suma ás 58.000 mozas que emigraron desde 2008”. Outra das críticas levantadas neste acto foi contra o desigual reparto de responsabilidades á hora de asumir o traballo non remunerado.

Maite Ferreiro dixo que “Vivimos coa terríbel sensación de que non somos quen de avanzar como sociedade, de que non hai alternativa, de que o machismo está absolutamente normalizado e as mulleres sufrimos a desigualdade e a opresión dun sistema que non nos deixa ser. Enfrontámonos cada día a unha realidade que parece dicirnos que non hai vontade colectiva por lle dar a volta a esta situación”.

O BNG ORGANIZOU UN ACTO CO GALLO DO DÍA DA MULLER