A CANDIDATURA DO BNG - ASAMBLEAS ABERTAS CONCENTROUSE DIANTE DUNHA TENDA DO GRUPO INDITEX EN LUGO
Rubén Arroxo dixo que este home tería que pagar os seus impostos neste país, non explotar nenos e nenas nas súas fábricas, e así poderiamos facer unha gardería pública
A concentración produciuse despois de coñecerse a intención de construir unha gardería, por parte da fundación de Amancio Ortega, en terreos municipais do concello de Lugo
Lugo, 6 de marzo 2015. Persoas que forman parte da BNG Asambleas Abertas, xunto con cargos do BNG, concentráronse diante dunha das tendas que o grupo INDITEX ten en Lugo. Esta concentración produciuse tras coñecerse a intención de construir unha gardería, por parte da fundación de Amancio Ortega, en terreos municipais do concello de Lugo. Arroxo explicou que este tipo de operacións son un engano para a xente por que a intención última é, a través de obras de caracter social, evitar pagar os impostos correspondentes destas fortunas multimillonarias.
Rubén Arroxo dixo que parece que o goberno municipal socialista e o PP, que goberna na Xunta, colaboran para que este magnate poida eludir o pago dos impostos que lle correspondería polos seus elevados beneficios. Este tipo de operacións lembran as épocas nas que os grandes potentados patrocinaban as obras da beneficiencia ás que tiña que acudir a xente sen recursos e sen dereitos sociais afirmou Arroxo que tamén criticou a explotación que se fai, tamén nas tendas que temos a carón das nosas casas, da man de obra que é principalmente feminina.
O candidato do BNG Asambleas Abertas dixo que queremos que esta persoa, estamos a falar do cuarto máis rico do mundo, pague os seus impotos. Arroxo comparou dixo referencia á situación fiscal e sinalou que mentres que a cada autónomo se lle persigue ata que paga o último céntimo dos impostos que se lle aplican, este home paga o 1% dos seus beneficios, que no pasado ano ascenderon a 500 millóns de euros, a través dunha peripecia fiscal que o goberno lle otorga. Arroxo dixo que demóstrase que cos gobernos do PP e do PSOE paga menos quen máis ten e que paga máis quen menos ten.
Arroxo puntualizou que vemos como todas as semanas saen informacións en prensa sobre as prácticas do grupo INDITEX en diversos paises do mundo. Rubén Arroxo dixo, en alusión ao propietario deste grupo empresarial, que creou a súa riqueza sacando os postos de traballo deste país e levando a súa produción a paises onde explotan a traballadoras e traballadores con horarios e salarios vergoñentos. Para a candidatura do BNG Asambleas Abertas as políticas laborais deste grupo empresarial atentetan directamente contra os dereitos dos traballadores e, en moitos, casos contra os propios dereitos humanos.