“LUGO RECIBE LIMOSNAS DO PP NA XUNTA, AGRADECIDAS POLO PSOE NO CONCELLO” DIXO RUBÉN ARROXO

“LUGO RECIBE LIMOSNAS DO PP NA XUNTA, AGRADECIDAS POLO PSOE NO CONCELLO” DIXO RUBÉN ARROXO

IMG_7546 Arroxo sinalou que “a estación de autobuses segue sen a remodelación integral que precisa, da intermodal non se sabe nada e o edificio da Residencia continúa pechado co beneplacito de Orozco e Castiñeira ”

Para o candidato do BNG – Asambleas Abertas os verdadeiros problemas de Lugo continuan sen solución mentres “un día repróbase a unha conselleira e ao día seguinte o conselleiro de cultura, que fai as mesmas politicas, ven a ignorar Lugo e pasear do ganchete de cargos socialistas”

Lugo, 4 de marzo 2015. O candidato do BNG – Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, manifestou a súa sorpresa pola visita do conselleiro de cultura e polos anuncios da Xunta sobre as súas inversións en Lugo. Arroxo dixo que “Lugo recibe limosnas do PP na Xunta, agradecidas polo PSOE no concello de Lugo”. Para Rubén Arroxo resulta “patético que o goberno galego non afronte os verdadeiros problemas que ten abertos na cidade”, Arroxo engadiu que proba deste desprezo do PP por Lugo é que “nin Jaime Castiñeira acompañou ao seu novo conselleiro e cultura para amosarlle a situación en que se atopa o edificio do cuartel de San Fernando”. Arroxo achegouse, acompañado de Maite Ferreiro, a ver o estado no que se atopa na actualidade o edificio do antigo cuartel de San Fernando.

Arroxo sinalou que “a estación de autobuses segue sen a remodelación integral que precisa, da intermodal non se sabe nada e o edificio da Residencia continúa pechado co beneplacito de Orozco e Castiñeira”. Para o candidato do BNG – Asambleas Abertas está claro que “os amaños de Orozco co PP deixarán a Lugo sen museo da romanización”. Arroxo sinalou que os verdadeiros problemas de Lugo continuan sen solución mentres “un día repróbase a unha conselleira e ao día seguinte o conselleiro de cultura, que fai as mesmas politicas, ven a ignorar Lugo e pasear do ganchete de cargos socialistas”.

IMG_7547IMG_7547Rubén Arroxo dixo, en referencia ao cuartel de San Fernando, que “a excusa da crise económica non é válida para un proxecto que está na axenda da Xunta dende o fai máis de sete anos” e engadiu que “non é normal que o novo conselleiro de cultura veña a Lugo e non se interese por un edificio que está caendo en pleno da centro da cidade e que tería terse convertido, xa fai tempo, no museo da romanización”. “Non sabemos cales son os oscuros acordos entre PP e PSOE pero está claro que as súas prioridades, a respecto deste concello son bastante parecidas” dixo Rubén Arroxo.

“LUGO RECIBE LIMOSNAS DO PP NA XUNTA, AGRADECIDAS POLO PSOE NO CONCELLO” DIXO RUBÉN ARROXO