RUBÉN ARROXO ANUNCIOU A CONVOCATORIA DUNHA ASAMBLEA ABERTA PARA INICIAR AS PROPOSTAS PROGRAMÁTICAS
Co primeiro tramo da candidatura presentado os nacionalistas convidan a todos os lucenses a participar na confección do seu programa electoral para as eleccións municipais de maio
A Asamblea Aberta será o mércores 21 de xaneiro ás 20:00 horas no centro social Maruja Mallo
Lugo, 16 de xaneiro de 2015. O BNG de Lugo continua avanzando nos seus contactos con persoas e colectivos tal e como quedara establecido na folla de ruta definida de cara ás eleccións municipais do vindeiro de maio dixo Rubén Arroxo. Os nacionalistas iniciaron xa unha serie de contactos con persoas e colectivos de cara a establecer un proceso de elaboración do programa electoral que permita as aportacións de todos os que teñen que algo que decir para que Lugo sexa o concello que queremos afirmou Arroxo.
Agora toca comenzar a elaborar un programa que vai ser a nosa guía de traballo para o vindeiro mandato no concello de Lugo e temos claro que todas as persoas preocupadas por Lugo e por este país teñen que contribuir á súa creación finalizou Rubén Arroxo. O proceso de Asambleas Abertas iniciado polo BNG comenzou en Lugo o pasado 25 de setembro cunha asamblea no centro social Maruja Mallo que reuniu a máis dun centenar de persoas. A finais de novembro, a través deste mesmo proceso asambleario, foron elixidas as 8 persoas que figurarán nos primeiros postos da candidatura BNG-Asambleas Abertas no concello de Lugo.
Co primeiro tramo da candidatura presentado os nacionalistas convidan a todos os lucenses a participar na confección do seu programa electoral para as eleccións municipais de maio. A Asamblea Aberta terá lugar o mércores 21 de xaneiro ás 20:00 horas no salón de actos do centro social Maruja Mallo. A partir deste primeiro encontro estableceranse mecanismos de traballo para incrementar os contactos coa sociedade lucense para completar o traballo de elaboración do programa electoral da candidatura BNG-Asambleas Abertas.