O BNG DI QUE O AFUNDIMENTO DE DUQUESA DE LUGO LEMBRA O AFUNDIMENTO DO PLAN PARADAI
Paz Abraira culpa ao goberno da Xunta de tratar de enganar aos lucenses sobre o remate das obras do plan Paradai e ao goberno municipal dun silenzo cómplice
Para o BNG é fundamental que a solución aos continuos afundimentos da confluencia de Duquesa de Lugo coa rúa Monforte se enmarque no remate da obras do plan Paradai
Lugo, 19 de xaneiro de 2015. O BNG presentou unha serie de preguntas sobre o afundimento de parte da superficie asfaltada da Av. Duquesa de Lugo no tramo próximo á rotonda que une esta avenida coas rúas río Sil e Monforte. Paz Abraira lembrou que xa en dúas ocasións foron adoptadas medidas para que a Xunta de Galiza, como titular desta vía, procedera a solucionar un problema similar ao que agora acontece. Para o BNG parece evidente que a solución adoptada non foi suficiente para resolver o problema de fondo que provoca afundimentos da capa de rodadura de xeito reiterado neste lugar.
Paz Abraira relacionou esta deficiencia estrutural que provoca continuos problemas na Av. Duquesa de Lugo co remate das obras do plan Paradai. Abraira culpou ao goberno da Xunta de tratar de enganar aos lucenses sobre o remate das obras do plan Paradai e ao goberno municipal dun silenzo cómplice sobre este tema. Para o BNG é fundamental que a solución aos afundimentos da confluencia de Duquesa de Lugo coa rúa Monforte se enmarque no remate da obras do plan Paradai.
A voceira do BNG dixo que o PP trata de confundir á xente sobre a finalización das obras de Paradai e todos sabemos que as obras rematan cando a vía se abre á circulación e todas as deficiencias foron solucionadas dixo Paz Abraira e engadiu que non é compresible o silencio do goberno municipal socialista que está sendo complice do incumpremento, con Lugo, dos acordos asinados pola Xunta sobre a execución das obras do plan Paradai.
Paz Abraira que lembrou que na xunta de goberno local, celebrada o mércores 17 de setembro de 2014, aprobouse a adenda nº3 asinada en xuño de 2014 e referente ao Plan Paradai. Paz Abraira explicou que coa aprobación desta adenda dase finiquito ao convenio que había asinado entre as dúas administracións para a realización das obras pendentes do Plan Paradai coa realización da ponte de Paradai. Outro dos incumprementos, lembrou Abraira, foi o de rematar as obras da ponte de Paradai en decembro de 2014.