Rubén Arroxo presentará unha proposta para arranxar as pistas de atletismo de Gregorio Pérez Rivera
O actúal estado de abandono dalgúns dos elementos desta instalación dificultan a prática deportiva e poñen en perigo a integridade de atletas e deportistas dixo Arroxo
Un exemplo do mal estado de conservación das pistas é o deterioro do pavimento sintético, da gaiola de lanzamento e da drenaxe nalgunhas zonas da pista
Lugo, 11 de maio 2016. Rubén Arroxo anunciou que o BNG-AA presentará unha proposta para arranxar as poistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera. Arroxo sinalou que esta instalación precisa que se fagan certas operacións de mantemento para impedir que continuen deteriorándose e indicou que é unha boa instalación que leva moitos anos de uso e agora precisa dunha revisión a fondo de mantemento e mellora. O BNGAA solicitará que, dentro do orzamento de deportes, se reserve unha partida orzamentaria para facer o investimento necesario nas pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera.
Un exemplo do mal estado de conservación das pistas é o deterioro do pavimento sintético, da gaiola de lanzamento e da drenaxe nalgunhas zonas da pista. Ademais Arroxo sinalou outros elementos como o cubre colchonetas na zona de salto de altura ou o foso de ría que se utiliza nalgunhas probas de obstáculos. O concello é coñecedor do mal estado da instalación dende hai tempo por que xa se teñen trasladado informes dende diferentes clubes e dende a propia Federación Galega de Atletismo.
Recentemente celebrouse nestas pistas das Pedreiras unha proba deportiva de primeira división feminina de atletismo de nivel estatal que correu o risco de ser suspendida polas deficiencias da instalación. É evidente que para que Lugo poida albergar probas de certo nivel deportivo é preciso contar cunhas instalacións axeitadas e debidamente conservadas.
As pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera comenzaron a funcionar no ano 1997 e van cumprir 20 anos de uso. Rubén Arroxo sinalou que varios de centos de persoas utilizan esta instalación diariamente. Entre os usuarios das pistas están clubes de atletismo, escolas deportivas e outros deportes como o rugby. Ademais hai persoas que as utilizan como lugar de adestramento para probas físicas de diferente índole.