O BNG-AA pide dous días de portas abertas na fábrica da luz para amosar o despilfarro 1 millón de €

O BNG-AA pide dous días de portas abertas na fábrica da luz para amosar o despilfarro 1 millón de €

IMG_3034“O goberno municipal terá que explicar que vai facer coa concesión, co contrato da obra de rehabilitación e co montón de pedras que hai no río” dixo Arroxo

Os nacionalistas presentaron unha serie de preguntas para que o goberno municipal dea explicacións na vindeira comisión

Lugo, 12 de maio 2016. Rubén Arroxo anunciou que o BNG-AA pediralle ao goberno municipal que abra durante unha fin de semana as portas da fábrica da luz para que “lucenses e foráneos poidan ver como o PSOE despilfarrou 1 millón de euros e permitiu o desmantelamento dunha instalación pública” e engadiu “será o mellor xeito de que a xente saiba o que sucedeu cos seus cartos públicos, de cómo se xestionan e de cómo se fan normativas para favorecer a quen ataca ao medio ambiente e despilfarra cartos públicos”.

Arroxo dixo que “unha boa mostra de cómo se está a xestionar o tema da fábrica da luz pódese ver no propio río coa barbaridade que se fixo para desviar o cauce” e sinalou que “en Lugo empezamos a estar fartos de que se rían de nós, de que nos estafen e de que ataquen o noso entorno”. O BNG – Asembleas Abertas pedirán explicacións na comisión correspondente sobre as medidas e prazos que o goberno municipal ten previsto tomar para darlle unha solución a este asunto que “está enfangado se mire por onde se mire”.

“O goberno municipal terá que explicar que vai facer coa concesión, co contrato da obra de rehabilitación e co montón de pedras que hai no río” dixo Arroxo. “Na fábrica lévase gastado un montón de cartos e de tempo para non ter feito nada e agora é momento de que se tomen medidas para non volvan pasar cousas destas” afirmou Rubén Arroxo e indicou que, a formación que representa, pedirá explicacións sobre as conversas e negociacións existentes entre o goberno municipal e a Confederación Hidrográfica. Arroxo animou á Plataforma polo Río a seguir traballando e continuar coas mobilizacións por que “vai ser a forza das veciñas e veciños a única que serva para protexer o noso río”.

O BNG-AA pide dous días de portas abertas na fábrica da luz para amosar o despilfarro 1 millón de €