A parroquia de Adai segue sen auga a pesares das promesas electorais do PSOE dixo Rubén Arroxo
Ediles do BNG Asembleas Abertas visitaron a parroquia lucense de Adai onde, a pesares das promesas do actual responsable de medio rural e do anterior alcalde a traida de auga está sen instalar
Arroxo sinalou que outro dos problemas para as persoas que viven en Adai é a carencia de transporte público a pesares de estar a menos de 3 km da cidade.
Lugo, 9 de maio 2016. Nunha visita á parroquia de Adai o voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, anunciou que vai presentar unha serie de preguntas para clarificar cal vai ser a actuación do concello despois de que na campaña electoral das municipais de 2015, nas que se lles prometera que a traida de augas chegara ás súas casas. Veciñas e veciños de Adai confirmaron que tanto o actual concelleiro de medio rural como o anterior alcalde visitaran a parroquia para prometer a instalación da traida de auga Potable.
Arroxo lembrou, tamén, que na parroquia de Adai se expropiaron terreos para instalar a estación depuradora e elevadora de augas e aínda que as tuberías que transportan a auga potable pasan polo medio da parroquia ningunha casa ten a opción de conectarse ao sistema público de abastecemento de augas. Para o BNG AA non é xusto que se expropien terreos e se perxudique á parroquia implantando alí unha instalación como a estación elevadora e depuradora de augas e despois non darlles opción a utilizar este servizo municipal.
Arroxo sinalou que outra das carencias das parroquias desta beira do río é contar cun sistema de transporte público do concello e explicou que é unha situación común a moitos lugares das 56 parroquias do concello de Lugo onde a poboación ten unha media de idade avanzada e con problemas de mobilidade e engadiu o concello debe ter en conta esta situación agora que se está deseñando o novo sistema de transporte público.