O BNG organizou, en Lugo, un acto de protesta contra as políticas da UE no día de Europa
A Unión Europea so nos serve para que se nos impoña o tratado coñecido como TTIP que será lesivo para os intereses económicos das nosas veciñas e veciños dixo Arroxo
Dende a formación nacionalista reivindicaron outras políticas da UE en relación ás persoas refuxiadas
Lugo, 9 de maio 2016. O BNG protagonizou en Lugo un acto alternativo e reivindicativo no día de Europa. Dende a formación nacionalista reivindicaron outras políticas da UE en relación ás persoas refuxiadas, Arroxo acusou directamente á Unión Europea de estar vendendo armas para o conflito de Siria e ao mesmo tempo de negarlles a entrada ás persoas que fuxen dunha morte segura nunha guerra que non provocaron. As actuais políticas da Unión Europea provocan que exista unha liberdade absoluta para os movementos económicos e de mercadorías mentres se veta os movementos das persoas que fuxen das guerras.
Arroxo lembrou que, neste momento, a Unión Europea so nos serve para que se nos impoña o tratado coñecido como TTIP que será lesivo para os intereses económicos das nosas veciñas e veciños. Rubén Arroxo lembrou que tal e como pronosticaba o BNG no seu momento a entrada na Unión Europeo foi a fin dos sectores productivos deste país como o sector lácteo, o pesqueiro e o naval. O TTIP é un tratado que vai a rematar de destruir os nosos sectores productivos xa que vai permitir que o que agora se produce aquí sexa fabricado a miles de quilómetros se garantías laborais para as persoas traballadoras e sen garantías sobre a calidade do producto.
Os nacionalistas reivindicaron, con este acto, a necesidade de que a Unión Europea tome cartas no asunto para defender as persoas e non aos intereses económicos das grandes corporacións. O BNG aposta por que se frenen os acordos do TTIP por que será un tratado lesivo para o comercio, para a democracia, e para a protección dos consumidores. O BNG non participou dos actos oficiais organizados polo concello de Lugo por considerar que, neste momento, as políticas da Unión Europea son malas para as persoas.