Maite F. solicitará unha xuntanza co responsable do catastro para trasladar as queixas veciñais
Tras manter diversas xuntanzas en parroquias de Lugo e concellos da comarca o BNG ven de detectar numerosos problemas derivados da actualización de datos catastrais
A edil do BNG-AA sinalou que a xente está indefensa, desinformada e dende a oficina do Catastro non se da resposta a axeitada a un cambio que afecta a moitas economías
Lugo, 5 de maio 2016. O BNG está a organizar xuntanzas e diversas parroquias do concello de Lugo e en concellos da comarca para facilitar información sobre as repercusións que está a ter a regularización catastral que está a levar a cabo o Ministerio de Facenda Español. Maite Ferreiro, que participou na xuntanza con veciños e veciñas de San Mamede dos Anxos (Lugo), sinalou que a xente está indefensa, desinformada e dende a oficina do Catastro non se da resposta a axeitada a un cambio que afecta a moitas economías.
Ante a pasividade da administración do estado que parece que solo está pensando en como quitarlle os cartos ás persoas que viven honradamente do seu traballo segundo dixo Maite Ferreiro. A revisión catastral supón un incremento da carga impositiva para as familias que se suma ás subidas xeneralizadas nos impostos que pagamos a maioría - IRPF, IVA, IBI, Para o BNG a revisión do Catastro foi utilizada polo goberno do PP en Madrid para recadar dos veciños e veciñas de cada municipio os cartos que o Goberno do Estado deixou de entregarlles aos concellos nos últimos anos.
Maite Ferreiro lembrou que o BNG ten presentando iniciativas no Congreso e no Parlamento galego para que se paralizase este catastrazo. Ademais o BNG reclama que se establezan bonificacións na cota para edificacións vinculadas á actividade agraria e para as persoas que non teñan recursos suficientes. O BNG tamén está facendo, a través das súas iniciativas e da presión veciñal, que nos concellos a revisión do valor dos inmóbeis no Catastro se efectúe tendo en conta o seu valor real e partindo da súa función económica.
Na participación nos tributos do Estado (PIE), os concellos galegos levan anos discriminados. Neste 2016, a media por habitante que van recibir os concellos galegos vai ser de 209 ( 50 menos da media do Estado), mentres os de Madrid recibirán 350 , os de Cataluña 314 ou os de Aragón 290 . Con este sistema inxusto de reparto, nos últimos 13 anos, os concellos galegos no seu conxunto, recibiron 1.512 millóns de euros menos do que lles correspondería.