A cidade precisa dunha revisión xeral da rede de sumidoiros de augas pluviais dixo Arroxo
Ediles do BNG Asembleas Abertas fixeron unha limpeza simbólica nos sumidoiros da rúa Pintor Corredoira que se atopan totalmente atascados
Rubén Arroxo sinalou que o goberno municipal ten que facer seguimento no traballo das empresas externas mentres non se acomete a remunicipalización dos servizos
Lugo, 4 de maio 2016. O BNG Asembleas Abertas trasladaralle ao goberno municipal unha petición para que se execute un plan de limpeza e revisión de sumidoiros do sistema de recollida de augas pluviais. Rubén Arroxo explicou que xa no mes de xaneiro lle trasladamos ao goberno municipal a necesidade de limpar os sumidoiros, e en concreto os da rúa Pintor Corredoira, pero non se deu solución a este problema.
Ediles do BNG Asembleas Abertas fixeron unha limpeza simbólica nos sumidoiros da rúa Pintor Corredoira que se atopan totalmente atascados veciños e veciñas trasladáronnos queixas neste sentido dixo Rubén Arroxo e explicou que a pesares de que os propios veciños trasladaron queixas a través do 010 e de escritos rexistrados no concello pero o sumidoiros seguen atascados.