Rubén Arroxo propón acordos con particulares para a creación de aparcadoiros disuasorios gratuítos
O voceiro do BNG Asembleas Abertas puxo como exemplo ata 6 terreos que neste momento están baleiros e sumarían uns 13.000 metros cadrados
Estes aparcadoiros poderían albergar máis de 500 vehículos e resolverían o problema de estacionamento en zonas saturadas da cidade asegurou Arroxo
Lugo, 5 de marzo de 2016. O pleno da corporación lucense aprobou recentemente unha iniciativa do BNG Asembleas Abertas para buscar un uso social aos terreos baleiros que están situados no casco urbano da cidade. Un dos usos propostos na iniciativa dos nacionalistas era o de crear aparcadoiros gratuítos que servisen como aparcamentos disuasorios para evitar a masificación de vehículos nas rúas da cidade. Rubén Arroxo sinalou que si reducimos o número de vehículos que acceden ao centro da cidade en busca de aparcadoiro poderemos avanzar facilmente na peonalización do casco histórico e da ronda da muralla.
Para exemplificar a proposta Rubén Arroxo sinalou un total de seis terreos que neste se momento se atopan baleiros e que poderían utilizarse como aparcadoiros disuasorios é unha cuestión de vontade e de que o goberno municipal negocie cos propietarios para poñelos ao servizo das veciñas e veciños mentres os seus donos no fagan uso destes predios dixo Arroxo. O voceiro do BNG AA indicou que tal e como xa expoñiamos na proposición aprobada no pleno o concello encargaríase do coidado e preparación dos terreos e os propietarios podería ten algún tipo de beneficio fiscal pola súa cesión temporal.
Rubén Arroxo indicou que algúns dos predios propostos xa funcionaron como aparcadoiros en algún momento e entendemos que se o goberno municipal contacta cos propietarios será doado chegar a un acordo. Os seis terreos suman un total de 13.000 metros cadrados e poderían albergar, dependendo do deseño e das posibilidades de aproveitamento uns 500 vehículos. As ubicacións propostas polo BNG AA darían solución aos problemas de aparcamento do centro da cidade e a zonas que neste momento teñen saturadas as prazas de aparcamento existentes.
Arroxo explicou sobre os predios propostos non son máis que exemplos para que o goberno municipal vexa como se poden iniciar conversas con propietarios concretos e empezar a dar solución a problemas reais que ten esta cidade e engadiu trátase de facer pequenos investimentos na adecuación dos terreos para que se poidan usar como aparcadoiros mentres os seus donos non deciden darlles uso e que no momento en que os reclamen queden libres se maior problema. Arroxo sinalou que creando estas 500 prazas de aparcamento gratuíto o problema de aparcamento da cidade quedaría practicamente resolto.
Zona de Fontiñas e conservatorios
Estáblecense tres posibles ubicacións para resolver os problemas de aparcamento que sumarían un total de 6.600 metros cadrados. Os dous terreos máis próximos ao centro da cidade estarían situados, un na esquina de Fontiñas co Carril de Caiños e outro ao longo da rúa Primavera fronte a centro socio-cultural Maruja Mallo. Rubén Arroxo lembrou que un destes solares xa funcionou como aparcadoiro mentres se fixeron as obras en Fontiñas e o outro xa funciona, tamén, como aparcadoiro nas súas beiras. O outro grande aparcadoiro daría solución aos problemas de tráfico na zona dos conservatorios de música e danza e ocuparían máis de 4.000 metros cadrados na intersección da ronda Xosé Castiñeira coa rúa Xesús Bal e Gai.
Zona centro
Para dar solución ao aparcamento na zona centro da cidade propóñense dou aparcadoiros en extremos opostos da ronda da Muralla, un nas inmediacións da Porta Miñá e outro en Paradai, ambolos dous sumarían uns 5.300 metros cadrados. Un dos aparcadoiros estaría situado nos predios da rúa Poeta Noriega Varela máis próximos á ronda da Muralla. O outro aparcadoiro estaría situado na zona de Paradai na intersección da rúa Sil e a Infanta Elena. Estes último emprazamento xa funcionou durante moito tempo como aparcadoiro e daría servizo a todas as persoas que precisan acudir ao edificio multiusos da Xunta, ao centro e ás rúas do noroeste da cidade.
Av da Coruña
Para dar servizo á zona da Milagrosa e Av. da Coruña poderíase chegar establecer un aparcadoiro disuasorio no predio situado na intersección da rúa do Reberendo Xosé Fdez. Núñez coa rúa Alfredo Vila Arquitecto. Este terreo ten unha superficie que supera os 1000 metros cadrados.