Neste ano debería peonalizarse o tramo da Mosqueira dixo Rubén Arroxo
O voceiro do BNG Asembleas Abertas sinalou que para avanzar na peonalización real da Ronda da Muralla o goberno pode ir dando pasos que demostren un compromiso real
A peonalización do tramo da Mosqueira daría continuidade ao único tramo peonil e non supón un excesivo problema no referente á recanalización do fluxo de tráfico
Lugo, 6 de marzo de 2016. O voceiro do BNG Asembleas Abertas propuxo a peonalización do trama da Ronda da Muralla que se atopa entre a praza da Constitución e a rúa San Roque. Neste ano debería peonalizarse o tramo da Mosqueira dixo Rubén Arroxo e indicou que os orzamentos poden contemplar, dentro do apartado para infraestruturas urbanas, unha partida para que o goberno demostre que vai cumprir os acordos plenarios e que ten intención de traballar na mellora da mobilidade desta cidade.
Arroxo dixo que a peonalización do tramo da Mosqueira daría continuidade ao único tramo peonil e non supón un excesivo problema no referente á recanalización do fluxo de tráfico. Ademais estamos a falar do tramo máis emblemático do noso monumento patrimonio da humanidade asegurou Rubén Arroxo e indicou que a peonalización e humanización deste tramo sería un perfecto acondicionamento da entrada á cidade para moitos turistas e visitantes que chegan a Lugo pola estación da autobuses.
A peonalización da Ronda da Muralla ten que ser un obxectivo e un compromiso para os lucenses afirmou o voceiro nacionalista e dixo que o goberno municipal debería ir empezando a facer algo neste senso e para isto contará con todo o noso apoio. Rubén Arroxo sinalou que si reducimos o número de vehículos que circulan pola Ronda da Muralla poderemos avanzar facilmente na peonalización do casco histórico e da totalidade da Ronda da Muralla.
Ademais de ser unha proposta política feita polo BNG Asembleas Abertas, a peonalización do casco histórico e da Ronda da Muralla é un anhelo para moitas veciñas e veciños que entenden que a modernación de Lugo pasa por convertela nun espazo para as persoas. Arroxo lembrou que o pasado ano aprovouse, por unanimidade no pleno, unha proposición do colectivo Masa Crítica para converter a Lugo en cidade-zona 30, avanzar na peonalización e na humanización de Lugo.