A vangarda do feminismo tamén está no rural
Concelleiras do BNG da comarca de Lugo visibilizaron o seu compromiso coas mulleres do rural para que o o 8 de marzo sexa, tamén, das mulleres que resisten no agro
A situación real da muller no eido agrario refléxase en que solamente 13 explotacións lácteas das 35.000 existentes teñen en Galiza a condición de titularidade compartida
A Pastoriza, 7 de marzo de 2016. Concelleiras do BNG Asembleas Abertas da comarca de Lugo visitaron, con motivo do 8 de marzo, unha explotación do concello de A Pastoriza para visibilizar, unha vez máis, a discriminación que sofren as mulleres, moi en particular no laboral, e coa lacra da violencia machista sen unha resposta comprometida e eficaz por parte dos poderes públicos. As ediles nacionalistas apuntaron que os gobernos do PP foron absolutamente corrosivos en materia de igualdade e o feminismo segue a estar máis vixente ca nunca.
Unha mostra de que o medio rural é un dos entornos máis afectados por esta discriminación da muller é o feito de solamente 13 explotacións lácteas das 35.000 existentes teñen en Galiza a condición de titularidade compartida o que significa que aínda hai moitas mulleres que non teñen recoñecido o seu traballo como coparticipes sendo auténticas resistentes no agro. O 67% das mulleres que traballan non son titulares e polo tanto non computan e esto demostra o abandono e desinterese da administración á hora de materializar esta lei que permite equiparar a condición das mulleres no agro.
Máis da metade teñen menos de 50 anos o que significa, para o BNG, que a vangarda do feminismo tamén está no rural e mostra desto son os milleiros de mulleres que viven e traballan no medio rural apesares da falta de servizos e de que para equiparar o seu salario ao dos homes teñen que traballar 85 días máis cada no que o home e manterse activas 9 anos máis que un home para percibir a pensión máxima despois de 36 anos de vida laboral.
Nestes últimos anos asistimos a un incremento da precariedade laboral, máis desemprego, feminización da pobreza, son algunhas das consecuencias da discriminación que soportan as mulleres, que afecta particularmente ás mozas sinalou Elva Carrera voceira do BNG e Tenente Alcalde da Pastoriza e referiuse tamén á situación laboral explicando que só no último ano se perderan 4.600 empregos entre mulleres de 25 a 35 anos, dato que se complementa con altas taxas de temporalidade e salarios baixos. Carrera indicou, tamén, que a fenda salarial entre homes e mulleres en Galiza é do 23%, a máis alta do Estado, dato ao que se engade as pensións máis baixas. A situación económica das mulleres en Galiza é alarmante, e as mozas son as peor paradas nesta desigualdade dentro da desigualdade, salientou.
O Bloque vai levar ao Parlamento Galego unha proposta dun plan de igualdade no traballo que analice e que penalice a fenda salarial, que cree emprego de calidade para as mulleres galegas, e con medidas reais de conciliación máis aló dos cheques benvida de Feijóo en ano electoral. Emprego e conciliación, son clave para acabar coa discriminación laboral, concluíu a deputada.