TEMOS CLARO O MODELO DE CIDADE, PONTEVEDRA É O EXEMPLO DAS POLÍTICAS DO BNG DIXO RUBÉN ARROXO
O candidato do BNG Asambleas Abertas acompañou ao alcalde de Pontevedra nun acto no que o rexedor nacionalista explicou cal foi o proceso de recuperación destes anos.
Lores dixo que apostamos por unha cidade amable cos nenos, coas persoas maiores e cos discapacitados fronte á figura do adulto condutor que aparcaba o seu mercedes diante da igrexa"
Lugo, 13 de abril 2015. O candidato do BNG Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, participou hoxe nun acto xunto co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. O acto estivo presentado pola número 2 da candidatura do BNG-AA, Maite Ferreiro, e serviu para achegar aos asistentes as medidas tomadas polo BNG, nestes anos, para converter Pontevedra nun concello premiado internacionalmente.
Miguel Anxo Fernández Lores dixo que o mellor premio é sair á rúa cada día en Pontevedra e ver que as persoas son as donas do sitio onde viven. Lores explicou como, en Pontevedra, apostaron por un modelo de cidade amable "cos nenos, coas persoas maiores e cos discapacitados fronte á figura do adulto condutor que aparcaba o seu mercedes diante da igrexa os domingos".
O alcalde de Pontevedra dixo que dende o BNG defendemos o país e eso quere decir que defendemos ás persoas por enriba de todo, o PP defende os intereses de uns poucos e por eso ataca coas súas políticas á xente traballadora, a nos, a todas as persoas que nos cruzamos pola rúa día a día. Para o rexedor Pontevedrés é necesario ter claro o que queremos e aplicalo, nos témolo claro e precisamos que a maoiría da xente nos apoie para poder levar a práctica o modelo que máis lles vai beneficiar.
Rubén Arroxo, que interviu no acto, dixo que "imos facer de Lugo unha cidade que funcione e non temos que inventar nada por que temos o noso espello en Pontevedra que é unha cidade dun tamaño similar" e engadiu que "no BNG temos claro cal é o modelo de concello que queremos e non ten nada que ver co que desenvolven outras forzas políticas". Arroxo engadiu que sabemos que a xente quere un cambio nas políticas que se fan dende o concello de Lugo e nos estamos disposto a lideralas para que Lugo sexa tamén modelo de cambio e a xente se sinta satisfeita de vivir aquí.