POTENCIAR A ESCOLA DE MÚSICA E CREAR UNHA ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO SON AS PROPOSTAS DO BNG-AA

POTENCIAR A ESCOLA DE MÚSICA E CREAR UNHA ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO SON AS PROPOSTAS DO BNG-AA

IMG_8989 Rubén Arroxo dixo que “a Escola Municipal de Música, posta en marcha polo BNG, foi o último servizo municipal que se creou e non se destruiu neste concello”

Arroxo valorou, nunha xuntanza co persoal da Banda Municipal, que a Escola Municipal de Música teña máis de 700 usuarios e dixo que “Lugo precisa tamén unha Escola Municipal de Teatro”

Lugo, 15 de abril de 2015. O candidato do BNG – AA, Rubén Arroxo, mantivo unha xuntanza coa plantilla da Banda de música municipal que son, ao mesmo tempo, os mestres da Escola Municipal de Música. Arroxo interesouse polo funcionamento da Escola Municipal de Música, un servizo muincipal posto en marcha cando o BNG tiña responsabilidades de goberno na área de cultura a principios deste mandato e loubou o traballo deste colectivo de traballadores do concello que “demostraron que un servizo público pode funcionar á perfección sen necesidade de empresas polo medio”.

Para Rubén Arroxo dixo que “se por algo destacan as nosas políticas é por respertar o traballo da xente que fai cultura para todos” e engadiu que “non entendemos a cultura como un gasto, paIMG_8985ra nos é unh inversión”. Arroxo anunciou que o BNG apostará pola creación dunha Escola Municipal de Teatro por que “todo o mundo, independentemente das súas posibilidades económicas ten que ter acceso á cultura e esto é construir unha sociedade máis democrática”.

Rubén Arroxo lembrou que “a Escola Municipal de Música foi posta en marcha grazas ao compromiso e a ilusión da xente que formaba parte dunha banda de música morta de inanición polo desleixo político dos diferentes gobernos de PP e PSOE”. “O BNG – AA ten un proxecto cultural para este concello claro e xa temos demostrado como é a cultura cando depende de nos” afrimou Arroxo.

POTENCIAR A ESCOLA DE MÚSICA E CREAR UNHA ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO SON AS PROPOSTAS DO BNG-AA