“TEMOS DEREITO A PRODUCIR E A UE INCENTIVOU O ABANDONO DO RURAL E DESGUACE DE BARCOS"

“TEMOS DEREITO A PRODUCIR E A UE INCENTIVOU O ABANDONO DO RURAL E DESGUACE DE BARCOS"

DSC_0106  A candidata nacionalista explicou nun acto en Ferreira do Valadouro que o candidato do PP, Arias Cañete, e tamén o Partido Socialista defenderon na Reforma da PAC aos grandes terratenentes do Estado español. “Ás labregas e labregos galegos só os defendeu en Bruxelas o Bloque”, dixo

A número tres da lista do BNG ao Parlamento Europeo reclama axudas de Bruxelas que compensen ás explotacións galegas polo gasto que fixeron para mercar cota láctea

Ferreira do Valadouro, 10 de maio 2014. A número tres da lista do BNG ao Parlamento Europeo, Olalla Rodil, defendeu hoxe que “Galiza ten dereito a producir” e denunciou as políticas levadas a cabo pola Unión Europea, que incentivaron “o cese da actividade agrogandeira e da actividade pesqueira” con “axudas directas ao peche de explotacións leiteiras e ao desguace de barcos”. “No canto de incentivar a produción, como fai calquera país do mundo, aquí a Unión Europea e o PP fixeron todo o contrario, buscaron o abandono da terra e o mar”, dixo.

DSC_0110“En Galiza pagáronlle á xente para que pecharan as súas explotacións gandeiras e para que desguazara os seus barcos”, criticou. “Isto provoca pobreza, emigración e despoboamento”, dixo a candidata do Bloque, que defendeu para o noso país “outras políticas” de “apoio aos sectores produtivos”. “Galiza non quere subsidios, quere que lle deixen producir”, esixiu Olalla Rodil e lembrou que esto foi o que Ana Miranda e o BNG defenderon, nesta lexislatura, no Parlamento Europeo o aumento das cotas de produción que a UE impón ao noso país.

Nun acto celebrado en Ferreira do Valadouro, no que tamén participou o activista Lionale Rexes, Olalla Rodil, fixo un chamamento a ir a votar o día 25 “para mudar estas políticas da UE e do PP e para evitar que nos sigan roubando e para esixir que nos deixen producir, no mar e na terra”, dixo.

Olalla Rodil afirmou que o sector agrogandeiro é “fundamental” para “fixar poboación e xente nova no rural” e denunciou que desde que Núñez Feijóo goberna na Xunta de Galiza perdéronse 11.000 empregos directos no sector agrario, 1.500 só no pasado ano. “Nos anos 90 había 60.000 explotacións en Galiza; hoxe só quedan 11.000”, dixo. “Arias Cañete defende á Duquesa de Alba e á súa propia familia”

DSC_0103Rodil afirmou que “o candidato do PP, Arias Cañete e tamén o Partido Socialista defenderon na reforma da Política Agraria Común en Bruxelas aos terratenentes do Estado español”. “Defenderon aos grandes rentistas, como a Duquesa de Alba, a raíña de Inglaterra ou a propia familia de Arias Cañete, pero non aos pequenos produtores do noso país. Ás labregas e labregos galegos só os defendeu o Bloque”, dixo.

“TEMOS DEREITO A PRODUCIR E A UE INCENTIVOU O ABANDONO DO RURAL E DESGUACE DE BARCOS"