O BNG NON PERMITIRÁ A PRIVATIZACIÓN DA XESTIÓN DO CICLO DA AUGA NO CONCELLO DE LUGO

O BNG NON PERMITIRÁ A PRIVATIZACIÓN DA XESTIÓN DO CICLO DA AUGA NO CONCELLO DE LUGO

Paz Abraira dixo que  “o BNG apostou, no seu momento, pola creación dunha empresa mixta xa que a maioría do capital era público e o concello tería o control da empresa”

“Hai que mellorar a xesión do servizos público pero non se deben permitir novas privatizacións no concello de Lugo” dixo a voceira nacionalista

Lugo, 12 de maio 2014. Tras a xuntanza da comisión técnica encargada de iniciar o procedemento para a definir o sistema de xestión da auga, Paz Abraira afirmou que o BNG non permitirá a privatización da xestión da auga no concello de Lugo. Na xuntanza de hoxe definiuse a composición de tres comisións que se encargarán de estudar cales poden ser os modelos posibles para a xestión da auga no concello de Lugo. Haberá unha comisión lexisltativo-administrativa, outra económico-técnica e unha que se encargará de analizar os temas relacionados co de persoal.

O BNG pediu nesta primeira xuntanza da comisión que forme parte da memoria técnica un informe sobre a situación na que se atopa, neste momento, a xestión da auga no concello de Lugo. Paz Abraira sinalou que “é necesario saber de onde partimos e cales son as condicións nas que se atopan as instalacións, o persoal e todo o que ten que ver cos distintos procesos que forman parte do ciclo da auga no noso concello”.

O BNG considera que “non se deben permitir novas privatizacións no concello de Lugo”. Paz Abraira dixo que “no caso do ciclo da auga, como mínimo, o que hoxe é público debe seguir sendo así e non se pode privatizar”. Abraira recoñeceu a dificultade de afrontar novas contratacións dende o concello e que moito do persoal xa se foi desplazando persoal a outros servizos.

O BNG NON PERMITIRÁ A PRIVATIZACIÓN DA XESTIÓN DO CICLO DA AUGA NO CONCELLO DE LUGO