O BNG VAI SOBRE RODAS NESTA CAMPAÑA ELECTORAL
Os nacionalistas utilizarán, en Lugo, unha caravana publicitaria con bicicletas para pedir o voto nos comicios ao Parlamento Europeo do 25 de maio
Olalla Rodil dixo que os mozos e mozas galegos queremos vivir e traballar neste país non pode ser que nos obriguen a emigrar e que se mofen de nos dicindo que se adquire experiencia
Lugo, 12 de maio 2014. O BNG realizou, hoxe en Lugo, un acto de presentación da campaña sobre rodas que se levará a cabo para pedir o voto nos comicios ao Parlamento Europeo do 25 de maio. Os nacionalistas utilizarán, para boa parte da campaña, a bicicleta como medio de difusión da súa mensaxe. Segundo a número tres da lista do BNG, Olalla Rodil, queremos chegar á xente para que coñezan as propostas do BNG e cal foi o traballo da eurodeputada Ana Miranda durante estes anos en Bruxelas. Despois dun pequeno acto na zona peonil da ronda a caravana ciclista do BNG, formada por unhas vinte persoas, deu unha volta á muralla de Lugo.
A partir de hoxe, e durante o tempo que dure a campaña, as bicicletas do BNG terán presenza nas rúas e nos barrios lucenses. Olalla Rodil dixo que a campaña do BNG vai sobre rodas e aproveitou para manifestar o agradecemento do BNG a todas persoas, militantes e simpatizantes do BNG, que están a colaborar nesta campaña electoral aportando tempo, traballo e esforzo. O BNG está a levar acabo unha campaña austera, baseada nas aportacións e colaboracións da súa militancia e simpatizantes. O BNG está a facer esta campaña sen subscribir ningún crédito bancario, sin depender de "bancos, nin lobbies" so do "traballo militante".
Olalla Rodil dixo que a mocidade galega ten que implicarse e participar das organizacións políticas por que o noso futuro vai a decidirse, en boa parte, en Bruxelas e engadiu que non se pode consentir que se continúen a facer políticas contra as persoas, os mozos e mozas temos que dicir: ata aquí chegamos. Grande parte do peso da campaña que o BNG realizará en Lugo, utilizando bicicletas, recaerá na mocidade do BNG e na organización Galiza Nova.
Ana Miranda existe
Olalla Rodil dixo alegrámonos moito de que Ana Miranda xa exista oficialmente en referencia ao dictame da Xunta Electoral Provincial de A Coruña desestimando o recurso de UPyD no que se pedía a exclusión do BNG da cobertura informativa da campaña electoral co argumento de non ter a consideración de "forza parlamentar" a formación nacionalista. Baseaba o seu recurso UPyD en que, segundo a Xunta Eleitoral Central, o escano obtido en 2009 pola coalición en que estaba integrado o BNG pertencía en realidade a ERC. Ese escano foi rotatorio e Ana Miranda si foi, por espazo de 18 meses, eurodeputada. O BNG obtivo 103 mil votos e conseguiu escano naquel proceso electoral.