O BNG ACUSA AO GOBERNO MUNICIPAL DE VETARLLE A UTILIZACIÓN DOS LOCAIS MUNICIPAIS
Os nacionalistas solicitaron o uso do local social de Santa Comba para manter unha xuntanza cos veciños e o goberno municipal negou o se uso
Vemos como o PSOE prioriza os intereses da empresa privada adxudicataria da xestiión dos locais sobre o dereito de veciñas e veciños a reunirse nun lugar digno dixo Paz Abraira
Lugo, 13 de maio 2014. O BNG ven de recibir, por comunicación escrita, a negativa do goberno municipal á posibilidade de utilizar o local social da parroquia de Santa Comba. Os nacionalistas solicitaran, en tempo e forma, o uso deste local de titularidade municipal para manter unha xuntanza con veciños e veciñas da zona no día de hoxe. Dende o departamento de Servizos Sociais do concello cursouse resposta escrita o pasado 6 de maio comunicando literalmente que: NON SE AUTORIZA o uso do local solicitado para os días, ás horas e para finalidade solicitada, xa que os horarios solicitados están fora dos horarios de funcionamento do centro establecidos por contrato coa empresa adxudicataria...
Paz Abraira cargou contra o goberno socialista do concello de Lugo e afirmou que vemos como o PSOE prioriza os intereses da empresa privada adxudicataria da xestión dos locais sobre o dereito de veciñas e veciños a reunirse nun lugar digno. Para o BNG non é normal que os horarios dun local veciñal público non se adapten ás necesidades e horarios de veciños e veciñas ademais non se autorice a utilización do local a través do préstamo das chaves como se veu facendo dende sempre.
O BNG mantén a convocatoria do acto para facelo á hora que é máis axeitada para que a xente poida asistir. Entendemos que os horarios dos locais sociais son tremendamente reducidos e inflexibles afirmou Paz Abraira. O BNG presentará unha serie de preguntas para a comisión do pleno correspondente para aclarar cal é a postura do goberno municipal sobre este asunto e se están, ou non, dispostos a modificar as condicións de funcionamento dos locais sociais municipais.