OLALLA RODIL: “PARA OS PARTIDOS DE MADRID OS GALEGOS E GALEGAS NON EXISTIMOS”

OLALLA RODIL: “PARA OS PARTIDOS DE MADRID OS GALEGOS E GALEGAS NON EXISTIMOS”

_DSC7106  “O PP prefire rescatar bancos e deixar tiradas ás persoas, é o modelo de Unión Europea inhumana e antidemocrática que defenden Feijóo, Rajoy, Arias Cañete e Millán Mon”, afirmou a número tres da lista do BNG na Pobra de Brollón

O BNG non vai ao Parlamento Europeo “nin de apretabotóns nin a un retiro dourado” engadiu Rodil

A Pobra de Brollón, 15 de maio 2014. A número tres da lista do BNG, Olalla Rodil, afirmou hoxe que “para os partidos de Madrid Galiza non existe e os galegos e galegas tampouco existimos”. Nun mitin en a Pobra de Brollóna candidata nacionalista dixo que “non hai nada máis inútil para Galiza que votar ao PP ou votar aos partidos de obediencia madrileña para os que Galiza e os galegos sempre poden esperar, porque teñen outras prioridades”. A estes eurodeputados do PP e do PSOE, “que votan o que lles din en Madrid” chamoulles “apretabotóns” na súa intervención Olalla Rodil.

_DSC7138Na Pobra de Brollón, Olalla Rodil, estivo acompañada polo alcalde Xosé Luis Maceda e por  Cosme Pombo, paralmentario do BNG. Rodil dixo que o 25 de maio “é a oportunidade de dicirlles a todos estes que dende Madrid din que non existimos que aquí está o pobo galego” e de dicir “basta” a esta Europa antisocial e antidemocrática. “O voto ao BNG vale dobre, porque vale para que Galiza sexa respectada como nación en Europa e vale para ao mesmo tempo para parar a Troika, para parar a política de recortes e para parar aos secuaces políticos que as executan”, dixo. “O 25 de maio é a oportunidade de votar por Galiza, de rebelarnos, de que saiban que existimos, que Galiza existe e que loita polo seu futuro. E a mellor maneira de facelo é votar BNG, o equipo da casa”, proclamou Olalla Rodil.

“As políticas da troika e do PP provocan fame”

O 25 de maio Galiza temos a oportunidade de dicir “basta” nas urnas a este modelo de Europa antidemocrático e antisocial que provoca emigración, paro, pobreza e exclusión social “e mesmo fame”, continuou a número tres da lista do BNG. “Aos cidadáns non lle saen as contas do recibo da luz, porque o PP quere seguir engordando os beneficios de Fenosa, de Iberdrola, de Gas Natural. Moitas familias non poden prender a luz nas súas casas, porque non poden pagala, porque temos a electricidade máis cara de Europa, nun país coma o noso, onde producimos electricidade a esgalla”, dixo a candidata nacionalista.

_DSC7194“Aos cidadáns non lles saen as contas do recibo da hipoteca ou do aluguer, porque o PP e esta Europa dos lobbies, prefire rescatar bancos e deixar tiradas as persoas. Si, este PP e esta Europa que son capaces de gastar 43.000 millóns de euros para salvar a banca especulativa, pero despois non ten 500 millóns para devolverlle os aforros aos galegos e galegas estafados polas preferentes”, dixo. “Non lles saen as contras aos 250.000 emigrantes retornados, acosados pola Facenda española como se foran defraudadores, mentres o PP de Cañete aproba amnistías fiscais para que os verdadeiros defraudadores non paguen impostos”, rematou.

OLALLA RODIL: “PARA OS PARTIDOS DE MADRID OS GALEGOS E GALEGAS NON EXISTIMOS”