O BNG LEVA UNHA INICIATIVA AO PLENO PEDINDO A CREACIÓN DUNHA PRAIA FLUVIAL PARA LUGO
Paz Abraira dixo que resulta inxustificado que Concello e Deputación non fixeran público o informe que no ano 2011 desaconsellaba ubicar na zona de Saamasas a zona de baño
Os nacioanlistas seguirán a pedir a dotación dunhza zona de baño pública por que ao PP e PSOE causalles problema crear zonas públicas de baño pero toleran as privadas sen dificultade
Lugo, 19 de maio 2014. O BNG levará ao pleno municipal de Lugo, do vindeiro mes de xuño, unha proposición que o Goberno municipal estableza de inmediato os contactos necesarios coas administracións implicadas (Deputación provincial, Xunta de Galiza e Confederación Hidrográfica) para desbloquear a creación dunha zona pública de baño controlada en Lugo. Paz Abraira referiuse ás útlimas informacións aparecidas nos medios de comunicación e dixo que resulta inxustificado que concello e deputación non fixeran público o informe emitido, no ano 2011, polo Comité de Reservas da Biosfera.
Os nacionalistas, que rexistraron a súa proposición para o pleno o pasado 8 de maio, xa avanzaban no texto da mesma que de constatarse a existencia de problemas legais/ambientais insalvables en canto á ubicación prevista, instase a que o Goberno municipal elabore unha nova proposta de ubicación de zona pública de baño controlada e que negocie coas distintas administracións a súa autorización e coa Deputación a reasignación dos fondos xa aprobados para este proxecto. A iniciativa foi presentada ao pleno municipal debido ao silencio do goberno municipal sobre a situación na que se atopaba este asunto.
O BNG xa presentara unha serie de preguntas, a través do rexistro municipal, o pasado 8 de abril en relación a este asunto. Mais segundo informou a vociera do BNG, Paz Abraira, a día de hoxe aínda non recibimos resposta algunha por parte do goberno municipal ás preguntas presentadas formalmente. O Grupo Municipal do BNG de Lugo ten demandado en numerosas ocasións a creación dunha zona de baño a carón do río Miño no concello de Lugo. Recentemente apareceron informacións na prensa nas que o goberno municipal anuncia a súa intención de renunciar á creación desta zona de baño debido ás dificultades de xestión que suporía a redación do proxecto e a obtención dos permisos necesarios. Ao mesmo tempo o goberno municipal anunciaba a reforma do proxecto para executalo antes do comenzo do verán.
Dende o BNG preguntáronlle ao goberno municipal cal é o lugar exacto no que o goberno municipal ten previsto desenvolver o novo proxecto menos invasivo de zona de baño? e en que consiste o novo proxecto do que fala, a través dos medios de comunicación, o goberno municipal?. Tamén preguntaban os nacionalistas cales foron as razóns que paralizaron o proxecto inicial previsto para zona de baño de As Saamasas? e en que situación se atopa o acordo ao que o concello chegara coa Deputación para o finanzamento da zona de baño?
Paz Abraira dixo que o BNG non ten inconvinte en que se varíe a ubicación da zona de baño para que a súa implantación non cause deterioros en zonas que se poden considerar sensibles. Para Abraira resulta ben curioso que sexa o partido popular quen, recentemente, faga declaracións sobre a praia fluvial e agora vexamos como son as distintas administracións dirixidas e gobernadas por PP e PSOE as que lle negan aos lucenses o dereito a disfrutar dunha praia pública. Abraira afirmou que O BNG seguirá loitando para que Lugo conte cun espazo público para poder bañarse no río Miño mentres ao PP e PSOE causalles problemas crear zonas públicas de baño pero toleran as privadas sen dificultade.