VECIÑOS DE STA COMBA RECLAMAN O ARRANXO A CONDUCIÓN DE AUGA DANADA DURANTE O DESBROCE DO CORREDOR
O BNG presentará unha iniciativa no concello para que se arranxe a avería que deixou desabastecido o deposito de auga da parroquia de Santa Comba
No verán resulta fundamental para dar servizo á xente de Santa Comba e aos servizos contra-inciendios sinalou Paz Abraira
Lugo, 11 de decembro 2014. O BNG pedirá que se proceda a arranxar a condución de auga que abastece o depósito de acumulación situado na parroquia de Santa Comba. Esta condución sufriu unha avaría a consecuencia dos traballos de desbroce do corredor Nadela-Sarria e dende aquela quedou inutilizada segundo nos trasladaron os veciños dixo Paz Abraira. Neste momento o caudal de auga é nulo debido á avaría provocada. Abraira, que acudiu a Santa Comba acompañada do candidato do BNG alcaldía de Lugo, indicou que foron veciños de Santa Comba quen contactaron co BNG para tratar de buscar unha solución ante a pasividade do goberno local.
O depósito, situado nas inmediacións do corredor Nadela-Sarria, acumula a auga procedente dun manantial próximo e durante o verán é fundamental para abastecer de auga aos gandeiros da zona e serve de bebedoiro para a fauna salvaxe. Abraira explicou que en épocas de escaseza de auga os veciños poden acudir a este depósito a buscar auga para o gando, para regar cultivos e tamén é un punto de captación para os servizos contra-incendios.
O BNG pedirá tamén o acondicionamento dos accesos ata este depósito de acumulación que da servizo a toda a parroquia de Santa Comba por que a pesares de que o arranxo do camiño xa foi comprometido en varias ocasións por parte do concelleiro responsable de medio rural, nunca chegou a executarse afirmou Paz Abraira.