O BNG VOTARÁ EN CONTRA DA PROPOSTA DO PP QUE DESVIRTUA Á ILP ASINADA POR MÁIS 41.000 LUCENSES

O BNG VOTARÁ EN CONTRA DA PROPOSTA DO PP QUE DESVIRTUA Á ILP ASINADA POR MÁIS 41.000 LUCENSES

IMG_6839Tras reunirse con promotores da ILP, Cosme Pombo sinalou que “non imos respaldar unha modificación do texto que cambia totalmente os obxectivos do proxecto de Lei”

A Iniciativa Lexisltava Popular pedía a implantación dos sevizos de hemodinámica 24h, radioterapia e medicina nuclear no HULA

Lugo, 10 de decembro 2014. O BNG votará en contra da proposición de Lei que se debatirá o vindeiro martes, 16 de decembro, no Parlamento Galego. Cosme Pombo fixo este anuncio tras manter unha xuntanza con representantes da entidades promotoras da Inciativa Lexislativa Popular que foi avalada por máis 41.000 sinaturas. “Ao PP dalle igual que os lucenses que teñan infartos fora do horario de oficina teñan máis probabilidades de morrer” dixo Pombo que tamén se referiu “á máis que lamentable situación das persoas que padecen a ruta do cancro percorrendo centos de kilómetros para recibir tratamentos de poucos minutos”.

Os nacionalistas pretenden que todos os grupos se posicionen, no Pleno do Parlamento, contra a proposta que foi reformada polo partido popular “ata a súa total desvirtución” afirmou Pombo que sinalou que “o obxectivo de Feijoo e do PP é continuar discriminando a Lugo e todos os veciños e veciñas da provincia”. Pombo lembrou que o texto da ILP fora aprobado por unanimidade no Parlamento e despois o PP presentou unha serie de emendas para deixar a proposta baleira de contido o que supón “que o HULA continuará sen os servizos demandados durante moito tempo”.

O BNG lamenta que o PP non atenda as demandas da cidadanía e non trate aos lucenses igual que ao resto dos Galegos. “Os lugueses estamos fartos da ruta do cancro e fartos de deixar a vida nas estradas ao ter negada a atención no HULA para as persoas infartadas” sentenciou Cosme Pombo. Neste marco o BNG, a través do parlamentario lucense Cosme Pombo, manifestou ademais a súa enérxica protesta pola xestión do PP na tramitación da ILP. Cosme Pombo acusou aos populares de “dilatar no tempo a tramitación do texto da ILP dando as costas aos promotores da mesma e a a todas as persoas que a apoiaron coa súa sinatura”. Pombo lembrou que o PP aprobou inicialmente o texto da ILP para “logo intentar reformala pola porta de atrás” e tamén dixo que  “Núñez Feijoo, en febreiro de 2011 na inauguración do HULA, afirmou que este centro hospitalario contaría con todos os servizos”.

O BNG VOTARÁ EN CONTRA DA PROPOSTA DO PP QUE DESVIRTUA Á ILP ASINADA POR MÁIS 41.000 LUCENSES