Veremos máis obras de destrución do río e seguiremos sen zona pública de baño dixo Rubén Arroxo
Para o BNG AA tanto PP como PSOE seguen autorizando e protexendo as intervencións agresivas co río e prohibíndo o baño seguro para as persoas
Arroxo lembrou que estanse pedindo multas para as persoas e entidades que defenden o río mentres que se permiten actuacións invasivas ás empresas que fan negocio coa auga
Lugo, 27 de xullo, 2015. O voceiro do BNG AA criticou hoxe que, tanto a Xunta de Galiza como a Confederación Hidrográfica continúen permitindo agresións ao río Miño para incrementar os beneficios de empresas privadas. Veremos máis obras de destrución do río e seguiremos sen zona pública de baño dixo Rubén Arroxo. O anuncio da construción de dous novos diques durante o mes de agosto é incribel despois do que pasou coa primeira ataguía que se fixo de xeiro irregular.
Para o BNG AA tanto PP como PSOE seguen autorizando e protexendo as intervencións agresivas co río e prohibindo o baño seguro para as persoas, Rubén Arroxo lembrou que as institución teñen responsables políticos que son quen toma as decisións, fai as concesións e conceden as autorizacións perceptivas antes de facer as obras. Arroxo explicou que foi o PSOE que fixo a escandalosa concesión da fábrica da luz e concedeu os permisos, inicialemente, dende a Confederación Hidrográfico e é o PP que está a dar os permisos necesarios dende a Consellería de Medio Ambiente.
Arroxo lembrou que estanse pedindo multas para as persoas e entidades que defenden o río mentres que se permiten actuacións invasivas ás empresas que fan negocio coa auga. Rubén Arroxo felicitouse polo traballo das organizacións persoas que están a mobilizarse para defender o río do Miño está claro que a veciñanza de lugo e as persoas máis comprometidas están a dar pasos firmes a pesar das trabas e das ameazas.