A XUNTA ESTÁ INCUMPRINDO A LEI LABORAL NO CASO DOS TRABALLDORES DE SEQUOR
O BNG presentou no parlamento unha serie de iniciativas para que a xunta cumpra coas súas obrigas laborais
Cosme Pombo dixo que é incrible que sexa a propia Consellería de Traballo a que ignore os dereitos laborais destes traballadores
LUGO, 6 de abril de 2013. O Bloque Nacionalista Galego presentou no Parlamento Galega unha batería de iniciativas relativas á situación dos traballadores da empresa adxudicataria do servizo de seguridade e vixilancia de diversas dependencias da Xunta en Lugo. Para Cosme Pombo, parlamentario do BNG, é inadmisible que sexa a propia Consellería de Traballo a que ignore os dereitos laborais destes traballadores. Todos os traballadores afectados prestaban os seus servizos en instalacións dependentes da Consellería de Traballo. Cosme trasladou ao Parlamento varias preguntas, unha interpelación e propostas non de lei para que a Xunta cumpra coa súa obriga e obrige á nova empresa adxudicataría á subrogar os contratos dos 15 traballadores afectados.
Segundo Cosme Pombo o BNG dirixese ao Parlamento para saber se a Xunta vai tomar algunha medida para obrigar á nova empresa a cumprir coa lexislación vixente en canto á subrogación destes traballadores. Os nacionalistas tamén queren coñecer cal é a opinión da Consellería de Traballo de que unha empresa contratada pola súa propia Consellería pretenda incumprir a lexislación vixente en materia laboral, tras acceder a un contrato coa administración pública Galega. Pombo tamén se pregunta se ten o Goberno da Xunta algún interese en que esta subrogación non se produza e cómo é posible que o resto de extraballadores de SEQUOR, que prestaban servizos noutras administracións e empresas, foran subrogados sen problema e os que estaban a traballar en centros da Xunta non o foran.
A empresa de seguridade SEQUOR era até hai pouco a adxudicataria dos servizos de vixilancia no Centro de Menores Santo Anxo de Rábade, as residencias universitarias LUG-II e a Dirección Provincial do SERGAS, na provincia de Lugo con 15 traballadores. Ademais esta mesma empresa de seguridade tiña 3 traballadores que prestaban o servizo de seguridade na empresa Ingemarga. A totalidade dos traballadores cumpren cos requisitos recollidos en convenio para seren subrogados no caso de que a contrata sexa adxudicada a unha nova empresa.
A Xunta, ante os problemas da empresa SEQUOR, que se atópa en concurso de acredores e adebeda aos traballadores cinco nóminas, sacou de xeito urxente a licitación do servizo. A nova empresa de seguridade adxudicataria do concurso é, PROTECCIÓN Y SEGURIDAD TECNICA S. A. (PROSETECNISA). O que nun principio parecía a solución máis lóxica para resolver os problemas do servizo e do persoal, tense convertido nun novo foco de problemas para o persoal, xa que agora atópanse coa negativa de PROSETECNISA a cumprir coa súa obriga de subrogalos (Art. 14.-A do convenio). Todos os traballadores cumpren os requisitos e teñen legalmente recoñecido este dereito no convenio colectivo de aplicación.
A nova empresa adxudicataria alega que non lle chegou a documentación precisa e aduce tamén que non se quere facer cargo dos traballadores polas débedas que Sequor ten coa Seguridade Social e os traballadores. Neste momento,a situación dos traballadores é dobremente dramática, porque ao feito de levar cinco meses sen cobrar, hai que sumar a negativa da nova empresa a subrogalos. Neste senso, os traballadores tampouco poden acceder a prestación por desemprego. Están nunha situación de vulnerabilidade total e a Xunta, que é a administración titular da contrata, parece cómplice da vulneración dos dereitos d@s traballadores.