O ENSINO EN LUGO A DEBATE

O ENSINO EN LUGO A DEBATE

 

 O BNG convoca un acto aberto para mañá mércores no que se abordará a problemática de diferentes centros escolares

No acto intervirán persoas vencelladas aos centros educativos de Anexa, As Gándaras, Quiroga Ballesteros, Sagrado Corazón e IES As Mercedes

LUGO, 9 de abril de 2013. O Bloque Nacionalista Galego convoca para mañá, mércores 10 de abril, un acto aberto baixo o título O ENSINO EN LUGO A DEBATE, Por un ensino público de calidade, contra o desmantelamento e o abandono. O acto terá lugar no salón de actos do IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes (antigo Feminino) a partir das 20:00 horas. Este foro ten como obxectivo abordar as diferentes problemáticas que afectan ao ensino público e, concretamente, a cinco centros do concello de Lugo. “Pretendemos que se fale sobre as cuestións específicas de cada centro pero tamén entendemos que hai que facer unha planificación conxunta para os centros de ensino de Lugo” dixo Antón Bao.

 

No acto intervirán representantes da FAPACEL (Federación de Asociacións de ANPAS), da Plataforma en Defensa do Ensino Público e dos centros educativos de Anexa, As Gándaras, Quiroga Ballesteros, Sagrado Corazón e IES As Mercedes. Neste debate abordaranse todos os problemas orixinados polos recortes que está a sufrir o ensino público e afondarase no caso particular de cinco centros educativos da cidade que teñen importantes carencias ou están a sufrir procesos de desmantelamento por parte da consellería de educación.

 

Segundo Antón Bao “neste acto o BNG trata de dar voz a todos os centros de ensino que están a sufrir as consecuencias das políticas da Xunta”. Sobre o CEIP de Anexa abordarase a situación deste centro e as necesidades de ampliación do mesmo. O colexo das Gándaras é o único colexio público do concello que ten, neste momento, xornada partida. O CEIP Quiroga Ballesteros arrastra, dende fai anos, carencias nas súas instalacións. O CEIP do Sagrado Corazón é un dos centros que estivo ultimamente de actualidade xa que a cesión do espazo que ocupa remata no ano 2018 e compre darlle solución canto antes. O IES As Mercedes está a vivir unha situación preocupante tras o decreto de conversión nun centro integrado de FP.

 

Emendas aos orzamentos da Xunta

Bao lembrou que o BNG xa presentara, no seu momento, emendas aos orzamentos da Xunta pedindo que se destinaran 70.000 € ao peche do patio do Colexio Quiroga Ballesteros e 300.000 € á ampliación do CEIP Anexa. Bao resaltou a importancia destes dous centros educativos por que atenden a poboación escolar do casco histórico da cidade. Bao dixo “que o PP tumbou estas emendas e por tanto votou en contra destes investimentos” .

Normal

0

21

false

false

false

MicrosoftInternetExplorer4

[email protected]; [email protected]; [email protected]; [email protected]; [email protected]; [email protected]; [email protected]; [email protected];

/* Style Definitions */

table.MsoNormalTable

{mso-style-name:"Tabla normal";

mso-tstyle-rowband-size:0;

mso-tstyle-colband-size:0;

mso-style-noshow:yes;

mso-style-parent:"";

mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;

mso-para-margin:0cm;

mso-para-margin-bottom:.0001pt;

mso-pagination:widow-orphan;

font-size:10.0pt;

font-family:"Times New Roman";

mso-ansi-language:#0400;

mso-fareast-language:#0400;

mso-bidi-language:#0400;}

O ENSINO EN LUGO A DEBATE