O BNG RECLAMA UN POSICIONAMENTO FIRME DA COMISIÓN A FAVOR DA TRAMITACIÓN DA ILP

O BNG RECLAMA UN POSICIONAMENTO FIRME DA COMISIÓN A FAVOR DA TRAMITACIÓN DA ILP

Paz Abraira esixiulle ao goberno municipal que convoque a comisión de desafiuzamentos dacordo co estipulado na propia comisión

A xuntanza da comisión tería que celebrarse mañá mais aínda non foi convocada

LUGO, 10 de abril de 2013. A edil nacionalista, Paz Abraira, reclamou que se convoque a Comisión Municipal de Desafiuzamentos. A última das xuntanzas celebrouse o pasado 11 de marzo e acordouse un período máximo de 1 mes para a celebración das xuntanzas. Para o BNG “resulta lamentable que, neste momento de inquedanza social, o concello no convoque a xuntanza nin de conta do traballo que estaba previsto”. A comisión acordou, na última xuntanza, mellorar a información que o concello ten na súa páxina web sobre os desafiuzamentos e tamén organizar charlas nos centros sociais referentes ás medidas que o concello pode tomar nos casos de desafiuzamentos.

Abraira dixo que “a día de hoxe non temos convocatoria e pedimos que se convoque esta comisión para coñecer cal é o resultado das propostas feitas pola plataforma Stop-Desafiuzamentos e que se informe do grado de execución das mesmas”. De momento so sabemos que se está a modificar o regulamento dos pisos de emerxencia, que son tres no concello de Lugo, para que persoas que sufran un desafiuzamento poidan facer uso destas vivendas. Paz Abrira informou, con posterioridade á rolda de prensa que “tamén chegou ao grupo municipal do BNG unha convocatoria para unha xornada informativa, aberta o todo o público en xeral e no que se dará conta dos recursos e das axudas sociais municipais ante a perda de vivenda como consecuencia dun proceso de desafiuzamento hipotecario”. Esta xornada celebrarase no salón de actos do centro de convivencia Uxío Novoneyra o vindeiro 17 de abril ás 19:00 horas.

O BNG trasladará a esa comisión que unha proposta para que esta “se posicione de xeito firme a favor da tramitación da Iniciativa Lexislativa Popular sobre a lei de desafiuzamentos”. Unha iniciativa que está abalada por máis de un millón de sinaturas e que reclama, entre outras medidas, que se acepte a dación en pago. Segundo Abraira “todo apunta que o partido popular, no congreso dos deputados, vai ignorar esta iniciativa e esto é inaceptable”, Abraira engadiu que “resulta curioso ver como se lamentan os dirixentes do pp por que a cidadanía se mobiliza e reclama que se teñan en conta demandas que están abaladas por máis de un millón de persoas”. Paz Abraira afirmou que “a cidadanía esixe os seus dereitos e o BNG solidarizase con todas as persoas que reclaman a reforma da lei hipotecaria e que reclaman a dación en pago e queremos que esa solidariedade se traslade dende esta comisión”.

Abraira referiuse ás medidas adoptadas pola xunta de Andalucia e sinalou que “é preciso que a comisión analice, tamén, estas medidas para demandar da Xunta de Galiza a súa adopción se é posible”. Que se teña en conta a situació de moitas familias que se están vendo abocadas á perda da súa residencia.

Unha comisión con ampla representación

Esta Comisión Municipal estará formada por persoal técnico do Concello de Lugo, membros dos colectivos de afectados polas hipotecas, asociacións de veciños da cidade e representantes de todos os grupos políticos. Traballará en tres eixos: prestar asesoramento técnico e legal a aquelas persoas afectadas por desafuizamento, mediar diante das entidades bancarias para paralizar estes desafiuzamentos e, en terceiro lugar, ofrecer cobertura social ás persoas desafuizadas a través dos servizos sociais municipais.

O BNG RECLAMA UN POSICIONAMENTO FIRME DA COMISIÓN A FAVOR DA TRAMITACIÓN DA ILP