O BNG RECLAMA QUE O CONCELLO DE LUGO APLIQUE A SÚA PROPIA NORMATIVA NO USO DO GALEGO

O BNG RECLAMA QUE O CONCELLO DE LUGO APLIQUE A SÚA PROPIA NORMATIVA NO USO DO GALEGO

Os nacionalistas demandan a utilización do galego nas sinalización que o concello instale para a regulación do tráfico

Para Antón Bao o concello debe ser “proactivo” na defensa da lingua galega

Lugo, 5 de abril de 2013. Antón Bao acusou está mañá ao goberno municipal de Lugo de incumprir a súa propia normativa en canto á utilización do galego nas sinais de tráfico. A última sinalización utilizada nas chamadas zonas 30 ten todos os textos, única e exclusivamente, en idioma español. Bao lembrou que “o goberno municipal está incumprindo unha ordenanza de uso do galego que recentemente foi aprobada no pleno municipal, con unanimidade, por todos os grupos políticos”. Esta ordenanza ten como obxectivo impulsar o uso do galego en todo o que ten que ver co concello de Lugo. Bao lembrou que un dos puntos de esta ordenanza obrigaba ao concello a utilizar o idioma galego en todas as sinais e en toda a sinaléptica instalada polo concello.

Ademais estase incumprindo a, recen aprobada, ordenanza de circulación. Bao dixo que “a ordenanza de circulación ten un artigo no que se indica que as sinais de tráfico estarán escritas nos dous idiomas oficiais de Galiza”. Este punto foi incluido na ordenanza grazas á unha alegación presentada, no seu momento, polo Bloque Nacionalista Galego. O BNG insta ao goberno municipal a que corrixa a súa actuación e inclua a lingua galega en todas as actuacións que realice. Bao referiuse tamén a os folletos de divulgación do Arde Lucus. Bao dixo que “neste momento o concello de Lugo debe de ser proactivo na defensa da lingua galega”.

Bao explicou que “aínda que o BNG demandaba que os sinais tiveran a súa escritura unicamente en idioma galego existe unha problema de tipo legal xa que Galiza non ten transferidas as competencias en materia de tráfico ao igual que sucede en outras comunidades”. O concello de Lugo ten contemplado o uso das dúas linguas oficiais e con esto dáse cumprimento á lexislación estatal ao non ter, a comunidade autónoma, competencias propias en materia de tráfico.

O BNG RECLAMA QUE O CONCELLO DE LUGO APLIQUE A SÚA PROPIA NORMATIVA NO USO DO GALEGO